RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES

Luisinho, autocrítico: A sorte non estará sempre ao noso lado. Temos que ter algo máis

Luisinho compareceu perante os medios informativos na sala de prensa de Abegondo. O carrileiro branquiazul voltou a ocupar unha posición avanzada en Santo Domingo, con Manuel Pablo, neste caso, por detrás.

"Non fixemos un bon partido. Coa nosa entrega conseguimos os tres puntos. Na primeira parte foron mellor que nós, e logo na segunda conseguimos equilibrar o xogo, mais hai que mellorar algúns aspectos", comenta Luisinho.
 
A pesar de que dúas xogadas a balón parado (ante o Sporting e Alcorcón) nos minutos finais dos dous partidos supuxeron tres puntos, Luisinho lembra que "perdemos máis do que gañamos a balón parado. Temos tamén que mellorar neste aspecto".
 
Advirte que é perigoso deixar os partidos para o final: "Nós canto antes resolvamos o xogo, mellor. Hai que pensar que os equipos agora na recta final van querer gañar ao Dépor e hai que estar preparados para iso".
 
Luisinho acredita que equipos como o Mallorca ou o Zaragoza, provisionalmente distanciados da cabeza, aínda teñen opcións: "Aínda teñen unha palabra a dicer. Non está nada resolvido aínda".