RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ALEVINES

O Alevín B xoga esta fin de semana a Azpeitia Cup 2015, en Gipuzkoa

O Alevín B participa esta próxima fin de semana na Azpeitia Cup 2015, que se xoga en dita localidade de Gipuzkoa.

O conxunto deportivista ven de facer un grande torneo en Massanassa (Valencia). Acabou cuarto clasificado, mais dous futbolistas (Iván Vázquez e Adrián Lombao) formaron no equipo ideal do torneo. O técnico deportivista Manuel Felípez foi elexido mellor adestrador.
 
En Azpeitia, O Alevín B ficou encadrado no grupo B, co Atlético de Madrid, Valencia, Alavés, Lagun Onak e Abadiño.
 
O calendario de competición é o seguinte:
 
Venres 12 de xuño
20.30: LAGUN ONAK - ALEVÍN B (campo 1)
 
Sábado 12 de xuño
11.00: ALEVÍN B - ALAVÉS (campo 3)
12.00: VALENCIA - ALEVÍN B (campo 4)
18.00: ALEVÍN B - ATLÉTICO DE MADRID (campo 1)
19.00: ABADIÑO - ALEVÍN B (campo 2)
 
Os dous primeiros clasificados do grupo acceden a cuartos de final, que se xogan xa o domingo 14 de xuño.