RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ESTADO FÍSICO - PARTE MÉDICO

O Dépor, protagonista no Congreso Nacional de Federación Española de Medicina do Deporte

O Deportivo será un dos grandes protagonistas do décimo quinto Congreso Nacional da Federación Española de Medicina do Deporte, que se celebra estes días por primeira vez na Coruña, no Ágora, desde onte m&e

Así, o traumatólogo do Clube, Rafael Arriaza, é o vicepresidente do Comité Organizador e alén diso presentará ponencias sobre 'Traumatismos' e 'Infiltraciónss', alén doutras comunicacións científicas.
 
Pola súa parte, Ramón Barral, responsable da unidade de Medicina, Rehabilitación e Fisioloxía do Deportivo, tratará nunha ponencia sobre 'Conmocións cerebrais'.
 
A mediados deste mes, varios integrantes dos Servizos Médicos do Deportivo foron ponentes no II Congreso Nacional de Estudantes de Fisioterapia, que se celebrou na Coruña.
 
Nesta ocasión, Rafael Arriaza (traumatólogo), Manuel Romero (podólogo), Pablo López (readaptador da primeira plantilla), Adán Carbó e Sergio Patiño (fisioterapeutas do Clube e da Deporclínica) ofreceron charlas aos asistentes.
 
Todos estes actos académicos non fan máis que mostrar o enorme prestixio de que desfrutan os Servizos Médicos do Deportivo a nivel nacional.