RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

''O Deportivo non merece estar na posición que está'', asegura Hélder Costa

Hélder manifestou esta mañá na Coruña ante os medios informativos que o Deportivo "ten un equipo moi bon. Non merece estar na posición que está. Con certeza vai conseguir o obxectivo".

Recoñece que, a respecto das negociacións, "o meu empresario ten boa relación co Deportivo, e o Dépor ten boas relacións co Benfica. Así é máis fácil para vir aquí".
 
Chega ao Deportivo con moitas ganas "a unha das mellores ligas do mundo. Podo aprender moito na temporada aquí".
 
Hélder defínese como "extremo rápido. Gusto do un contra un, dar asistencias e espero ter éxito aquí".
 
Non escatima eloxios para Iván Cavaleiro, ao que define como "un grande xogador, moi traballador, con moito talento. O éxito que está tendo aquí é moi merecido".
 
Alén diso, ambos os futbolistas falaron estes días: "Iván díxome (polo Deportivo) que é un grande equipo. El está bastante contento de estar aquí. Dime que aquí hai persoas que me poden axudar moito para continuar crecendo".