RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O equipo adestrouse baixo teito nas instalacións de Fútbol Indoor Coruña

A forte borrasca "Qumaira", que puxo en alerta laranxa A Coruña e a súa comarca, motivou que o primeiro equipo mudase Abegondo polas instalacións cubertas e o céspede sintético de Fútbol Indoor, no pol&i

Por espazo de hora e media, Fernando Vázquez e o seu equipo de colaboradores deseñaron un adestramento cunha primeira parte física e posteriormente partidos coa plantilla dividida en catro equipos.

Luis e Manuel Pablo ficaron no Estadio de Riazor, ás ordes do readaptador Pablo López. Lux traballou cos fisioterapeutas.

Mañá venres a partir das 10.30, o equipo terá unha sesión de recuperación en Zona Fit, o ximnasio do Clube sito no Estadio de Riazor. Antes, ás 10.00, Bryan Rabello atenderá os medios de comunicación na sala de prensa.