RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Oito partidos de categorías inferiores mañá sábado, con só tres deles en Abegondo

Esta fin de semana só xogan en Abegondo o Cadete B (Liga Galega), Alevín B (Primeira Comarcal de fútbol oito) e Benxamín B (Segunda Comarcal de fútbol oito), os tres mañá sábado.

Para o partido do Cadete B ante o Rayo Sadense (ás 12.00 no campo 5), os socios do Deportivo teñen libre acceso á cidade deportiva co seu carné. Para o público, a entrada sénior custa 3 euros.

Os demais equipos de categorías inferiores do Club farano lonxe da cidade deportiva: Xuvenil A (en Cangas), Xuvenil B e Cadete A (en Vilagarcía), Infantil A (na Barcala), Infantil B (na Leyma), Alevín A (na Torre) e Benxamín A (en Vilaboa).

Após a derrota do pasado domingo ante o Rápido de Bouzas, o Fabril buscará ante o Bergantiños os tres puntos que o devolvan aos primeiros postos da táboa. O partido será o domingo 18 de outubro ás 12.00 en Abegondo.

Como é habitual, os socios do Deportivo teñen libre acceso á cidade deportiva co seu carné. Para o público, a entrada sénior custa 10 euros.

Dous equipos do Deportivo, Cadete B e Infantil B, disputaron o pasado mércores 14 de outubro un torneo amigable triangular na Madroa, cidade deportiva do RC Celta, co propio Celta e Porto como rivais. Gañou o Porto en categoría cadete e o Celta en infantil.

O calendario de partidos é o seguinte:

Terceira División

FABRIL - BERGANTIÑOS, o domingo 18 de outubro ás 12.00 en Abegondo

Clasificación: ... 4. Boiro e Cerceda, 14 puntos; 6. Alondras, 13 puntos; 7. Fabril e As Pontes, 12 puntos...

Categoría xuvenil

ALONDRAS - XUVENIL A, o sábado 17 de outubro ás 16.30 no Morrazo (Cangas)

Clasificación da División de Honra: 1. Lugo, 18 puntos; 2. Xuvenil A, 13 puntos; 3. Val Miñor, 12 puntos...

AROSA - XUVENIL B, o sábado 17 de outubro ás 16.00 no campo Manuel Jiménez (Vilagarcía)

Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 13 puntos; 2. Porriño Industrial, 12 puntos...

Categoría cadete

AROSA - CADETE A, o sábado 17 de outubro ás 18.00 no campo Manuel Jiménez (Vilagarcía)

Clasificación da División de Honra: 1. Celta e Cadete A, 15 puntos; 3. Lugo e Bertamiráns, 12 puntos...

CADETE B  - RAYO SADENSE, o sábado 17 de outubro ás 12.00 en Abegondo (campo 5)

Clasificación da Liga Galega: 1. Cadete B e Santiago de Compostela C, 15 puntos; 3. Viveiro A, 12 puntos...

Categoría infantil

ONCE CABALLEROS - INFANTIL A, o domingo 18 de outubro ás 12.00 no campo de Lendoiro (A Barcala)

Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Lugo, 15 puntos; 2. Calasanz, 12 puntos; 3. Infantil A e Racing de Ferrol, 10 puntos...

VICTORIA - INFANTIL B, o domingo 18 de outubro ás 10.15 na Leyma

Clasificación da Primeira Infantil, grupo 1º:1. Infantil B, 15 puntos; 2. Ural B e Sporting Coruñés, 13 puntos...

Categoría alevín

Primeira Comarcal (grupo A Coruña), segunda xornada: ALEVÍN A - CALASANZ, o sábado 17 de outubro ás 11.00 na Torre (2.1)

ALEVÍN B - OLÍMPICO, o sábado 17 de outubro ás 11.00 en Abegondo (campo de herba artificial)

Clasificación da Primeira Comarcal, grupo As Mariñas: 1. Alevín B e Atlético Arteixo A, 9 puntos; 3. San Tirso A, Luis Calvo A e Sporting Burgo A, 6 puntos...

Categoría benxamín

Primeira Comarcal, grupo A Coruña - As Mariñas, terceira xornada: OLÍMPICO - BENXAMÍN A, o sábado 17 de outubro ás 11.45 no complexo deportivo de Vilaboa
Segunda Comarcal, grupo A Coruña - As Mariñas, segunda xornada: BENXAMÍN B - CALASANZ, o sábado 17 de outubro ás 11.00 en Abegondo (campo de herba artificial)