RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
INFANTILES

Torneos a fin de semana para o Infantil B, Alevín B e os dous equipos benxamíns

A canteira deportivista enfia a recta final cos últimos torneos amigables do presente curso.

Concretamente, esta fin de semana compiten o Infantil B e Benxamín A (Torneo Internacional 'Queiró'), o Alevín B (Torneo do Polvorín) e o Benxamín B (Torneo Escola Deportiva de Santiago e Torneo do Ourense).

O calendario de partidos previstos é o seguinte:

Categoría infantil

Torneo do Boavista
Primeira Fase
Sábado 27 de xuño
10.00: INFANTIL B - MAIA
14.00: BOAVISTA - INFANTIL B
18.00: VILA REAL - INFANTIL B

Os dous primeiros clasificados acceden a semifinais e os dous restantes xogan unha fase de consolación, xa o domingo 28.

Categoría alevín

Torneo do Polvorín
Sábado 27 de xuño
Primeira Fase
10.45: ALEVÍN B - XUVENTUDE DE OROSO
14.05: CORUXO FC - ALEVÍN B

Os dous primeiros clasificados acceden a cuartos de final e o terceiro de cada grupo participará nunha Fase de Consolación, todo iso a seguir.

Categoría benxamín

Torneo do Boavista
Primeira Fase
Sábado 27 de xuño
11.15: BOAVISTA - BENXAMÍN A (campo 4)
15.15: BENXAMÍN A - MACINHATENSE (campo 4)
16.45: BENXAMÍN A - OLIVEIRENSE (campo 4)
18.15: BENXAMÍN A - JUVENTUDE PEDROUÇOS (campo 4)

Os dous primeiros clasificados acceden a semifinais e os dous restantes xogan unha fase de consolación, xa o domingo 28.

Torneo Escola Deportiva de Santiago
Sábado 27 de xuño
11.15: ED. SANTIAGO - BENXAMÍN B
12.30: BENXAMÍN B - ESCOLA HERNANI GONZÇALVES

O primeiro clasificado será o campeón.

Torneo de Ourense
Fase Única
Sábado 27 de xuño
18.00: PABELLÓN - BENXAMÍN B
20.00: BENXAMÍN B - VALLADOLID

Domingo 28 de xuño
11.00: ESCOLAS D. OURENSE - BENXAMÍN B

O primeiro clasificado será o campeón.