Unha fin de semana chea de torneos amigables para #ANosaCanteira
Chega unha fin de semana chea de torneos amigables para a canteira deportivista. Desde mañá venres, os afeccionados branquiazuis poderán seguir as xoves promesas do Clube en Lousada (Portugal), Azpeitia (Gipuzkoa), Llanes (Asturias),
Así, teñen competición estes equipos: Cadete B (Macieira Cup 2015); Infantil A (Llanes Cup); Infantil B (Concello de Coirós e Torneo Abanqueiro SD), Alevín A (Concello de Carballo); Alevín B (Azpeitia Cup); Benxamín A (Cidade de Pontevedra); e Benxamín B (Antas Cup 2015 e Torneo do Sporting Burgo no Burgo).
Mañá venres arrancan os seus torneos o Infantil A, Alevín A e Alevín B.
No partido de volta da segunda eliminatoria do play off de ascenso a Segunda División B, o Fabril mídese á UD San Pedro este domingo 14 de xuño ás 17.00 horas en Abegondo.
Como é habitual, os socios do Clube teñen acceso gratuito á cidade deportiva. Para o público, a entrada sénior custa 10 euros.
O calendario da fin de semana é o seguinte:
Play Off de Ascenso a Segunda División B
Segunda eliminatoria, volta: FABRIL - UD SAN PEDRO, o domingo 14 de xuño ás 17.00 en Abegondo. Na ida: 1-0
Categoría cadete
Macieira Cup 2015, no Complexo Deportivo de Lousada
Primeira Fase
Sábado 13 de xuño
9.00: MACIEIRA - CADETE B
12.00: CADETE B - DRAGÓN FORTE
15.00: BOAVISTA - CADETE B
Os dous primeiros clasificados accederán a cuartos de final, que se xogarán a seguir. Os dous restantes disputarán unha fase de consolación.
As finais serán o domingo 14 de xuño.
Categoría infantil
Llanes Cup 2015
Primeira Fase
Venres 12 de xuño
18.30: CD LLANES B - INFANTIL A
21.30: INFANTIL A - ASTUR CF
Sábado 13 de xuño
16.30: R. OVIEDO - INFANTIL A
Os dous primeiros de cada grupo e os dous mellores terceiros dos tres grupos accederán aos cuartos de final, que se xogan o domingo 14 de xuño.
Torneo Concello de Coirós, no campo municipal da Cortella
Sábado 13 de xuño
Semifinal
11.00: ZALLA UC - INFANTIL B
O terceiro e cuarto posto, se perder, será ás 16.30; e a grande final, que xogará o gañador, será ás 18.00 horas.
Torneo Abanqueiro SD, en Vista Alegre (Boiro)
Primeira Fase
Domingo 14 de xuño
10.55: INFANTIL B - BERTAMIRÁNS (campo 1A)
12.20: INFANTIL B - CORUXO (campo 1A)
15.30: ABANQUEIRO - INFANTIL B (campo 2A)
Os dous primeiros clasificados acceden aos cuartos de final, que se xogarán a seguir.
Categoría alevín
Torneo Concello de Carballo 'Memorial José Luis Vara'
Primeira Fase
Venres 12 de xuño
18.00: ATLÉTICO DE MADRID - ALEVÍN A (campo 2)
19.30: ALEVÍN A - SPORTING DE GIJÓN (campo 1)
Sábado 13 de xuño
10.00: GALICIA CARANZA - ALEVÍN A (campo 1)
12.45: ALEVÍN A - EF LUIS CALVO (campo 1)
17.00: SERVETTE - ALEVÍN A (campo 1)
18.10: ALEVÍN A - VALLADOLID (campo 2)
20.00: CELTA - ALEVÍN A (campo 1)
Domingo 14 de xuño
10.00: ALEVÍN A - CD LUGO (campo 1)
A partir de aí arrancará a Fase Final, segundo clasificación.
Azpeitia Cup 2015
Primeira Fase
Venres 12 de xuño
20.30: LAGUN ONAK - ALEVÍN B (campo 1)
Sábado 12 de xuño
11.00: ALEVÍN B - ALAVÉS (campo 3)
12.00: VALENCIA - ALEVÍN B (campo 4)
18.00: ALEVÍN B - ATLÉTICO DE MADRID (campo 1)
19.00: ABADIÑO - ALEVÍN B (campo 2)
Os dous primeiros clasificados do grupo acceden a cuartos de final, que se xogan o domingo 14 de xuño.
Categoría benxamín
Trofeo Mini Teresa Herrera, cuartos de final, xogado o pasado martes: BENXAMÍN A 4 (Meki, Marco Castro e Domínguez (2)) - IMPERÁTOR 0
Torneo Cidade de Pontevedra, na Xunqueira
Primeira Fase
Sábado 13 de xuño
11.30: UD SANTA MARIÑA - BENXAMÍN A (campo 1)
12.30: BENXAMÍN A - AJ LÉREZ (campo 3)
13.30: BENXAMÍN A - PABELLÓN CF (campo 2)
17.30: SL BENFICA - BENXAMÍN A (campo 1)
Os catro primeiros equipos accederán aos oitavos de final, que se disputan a seguir. O quinto pelexará polas posicións da décimo sétima á vixésima.
Os cuartos de final e a fase de consolación xogaranse o domingo 14 de xuño.
Antas Cup 2015
Sábado 13 de xuño
Primeira Fase
10.00: BENXAMÍN B - SPORTING BURGO A
11.00: BENXAMÍN B - NARÓN
16.00: BENXAMÍN B - BREXO LEMA
Os dous primeiros clasificados accederán aos cuartos de final, que se disputan a continuación.
Torneo do Sporting Burgo, no campo da Lavandeira
Domingo 14 de xuño
Primeira Fase
10.00: BENXAMÍN B - SPORTING BURGO A
11.00: BENXAMÍN B - NARÓN
16.00: BENXAMÍN B - BREXO LEMA
Os dous primeiros clasificados pasan a cuartos de final, xa acto seguido.
