RCD / NOTICIAS

Emré Çolak, novo xogador do Deportivo 2016-2017

  Emre Çolak (Estambul · Turquía, 20 de maio de 1991) convértese na primeira fichaxe do Real Club Deportivo para a temporada 2016-2017. O centrocampista otomán, que conclúe contrato co Galatasaray, incorporarase ao Dépor para as tres próximas campañas.

27/05/2016 18:22

O xogador internacional turco gañou onte a Copa do seu país no último dos case 180 encontros co equipo de Estambul, co que anotou 19 goles. O futbolista inicia agora as súas vacacións antes de ser presentado e incorporarse á disciplina do Dépor ao comezo da temporada.

Más noticias de: EMRE ÇOLAK