RCD / NOTICIAS

O xuvenil deportivista Mujaid, citado para uns adestramentos coa Selección Española Sub-17

25/11/2016 11:44

O xogador deportivista Mujaid Sadick Aliu (Logroño, 14 de marzo del 2000) foi convocado para uns adestramentos coa Selección Española Sub-17, que se celebrarán na Cidade do Fútbol das Rozas (Madrid) do luns 28 ao mércores 30 de novembro. O zagueiro branquiazul pertence por idade ao Xuvenil B, mais é titular no Juvenil A que milita na División de Honra. Cumpre Mujaid a súa primeira temporada na cidade deportiva de Abegondo, procedente do Valvanera CD riojano.

O fabrilista Jorge Carreón, convocado pola Selección de Bolivia Sub-20

O fabrilista Jorge Carreón foi convocado pola Selección de Bolivia Sub-20 para uns adestramentos que terán lugar a partir do 28 de novembro na cidade de Sucre.

Esta concentración servirá á selección boliviana como preparación para o Campionato Sudamericano Sub-20, que se xogará en Ecuador do 18 de xaneiro ao 11 de febreiro de 2017.

Jorge Carreón, centrocampista ofensivo do Fabril, cumpre a súa primeira temporada no filial deportivista. Chegou o verán pasado procedente do CF Damm de Catalunya.