RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Fabril e Infantil B, únicos equipos no calendario da canteira desta fin de semana

O partido que o Fabril disputará en Abegondo ante As Pontes, pertencente á xornada décimo novena en Terceira División, será o único encontro oficial previsto esta semana na canteira branquiazul.

O xogo está fixado para o domingo 3 de xaneiro ás 12.00 no campo principal da cidade deportiva. Como é habitual, os socios teñen libre acceso co seu carné anual ou mensual. Para o público, a entrada sénior custa 10 euros.

O filial deportivista é actualmente sexto na clasificación con 28 puntos, os mesmos precisamente que o As Pontes; e a 3 do Barbadás, cuarto clasificado con 31 puntos e xa en postos de play off de ascenso.

O Infantil B compite este sábado en Vigo no Torneo Santa Lucía

O Infantil B compite este sábado 2 de xaneiro na primeira edición do Torneo Santa Lucía, organizado pola UD Santa Mariña de Vigo.

O torneo disputarase nas instalacións do club vigués, en Cotogrande.

O calendario do equipo deportivista é o seguinte:

Primeira Fase
11.20: INFANTIL B - PORTO (campo 1)
13.00: PABELLÓN - INFANTIL B (campo 1)
16.40: SANTA MARIÑA - INFANTIL B (campo 2)

Os dous primeiros clasificados disputarán as semifinais; e os outros dous restantes equipos do grupo xogarán unha Fase de Consolación.