RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Real Club Deportivo felicita ó Real Club Celta polo ascenso a Primeira División

O Presidente Augusto César Lendoiro, en nome do Real Club Deportivo, felicitou ó Real Club Celta polo seu "merecidísimo" ascenso á Primeira División.

Nunha carta remitida vía correo electrónico a Carlos Mouriño, máximo dirixente céltico, Lendoiro expresoulle "a nosa sinceira e agarimosa noraboa" por este novo éxito do fútbol galego.
 
"Dende agora, Galicia, nestes tempos tan complicados para todos, pode presumir de contar con dous equipos na mellor Liga do  mundo, co que eso vai supor a todolos niveis: social, económico, de imaxe cara ó exterior…", indicoulle Lendoiro a Mouriño.
 
Noraboa a todo o celtismo.