RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Deportivistas:

Temos ante nós unha temporada 2025-26 que podemos cualificar de ilusionante. Despois de catro tempadas en Primeira RFEF e doutra xa de regreso a LaLiga Hypermotion, afrontamos o reto de seguir dando pasos cara adiante.

As Nosas, instaladas na elite do fútbol feminino nacional, queren facer do Estadio ABANCA-RIAZOR un fortín e unha festa en cada partido.

Os nosos dous filiais, tanto o Fabril como o Dépor ABANCA B, afrontan tamén coa máxima ilusión as súas temporadas en Segunda Federación.

E por detrás ANOSACANTEIRA aperta con novos talentos que xa saben o que é vestir a camiseta da selección, caso de Kevin Sánchez, Elena Vázquez, Claudia Sande...

En todo isto é fundamental o voso apoio, o voso alento desde a bancada de ABANCA-RIAZOR.

Co abono desta tempada pódense presenciar todos os partidos do Dépor en liga e na Copa del Rey en ABANCA-RIAZOR; ademais de todos os partidos de ANOSACANTEIRA e do Dépor Genuine ben en Abegondo (ata completar aforo) ou ben no Estadio.

Ese abono permite ter desconto nas Déportiendas; participar en sorteos, experiencias e campañas especiais; e ter preferencia na compra de entradas para os partidos tanto en ABANCA-RIAZOR como fóra.

Esta temporada mantense o abono sub-25, favorecendo así a un maior número de deportivistas entre 15 e 25 anos; o abono ADN branquiazul; o de maiores de 65 anos; e finalmente o de persoas con diversidade funcional.

O voso alento supoñerá un valor extra para seguir alcanzando os obxectivos. Xuntos somos máis fortes.

TODA A INFORMACIÓN SOBRE O TEU ABONO 25/26

CONSEGUE O TEU CARNÉ DIXITAL!

Image

A única forma de ter o teu carné do Dépor (e até outros 4 vinculados) no teu móbil

Toda a info do Club ao instante

Rexístrache cos teus datos e empeza a gozala desde xa

Se te rexistras cos teus datos de persoa socia poderás completar o proceso de renovación do teu abono

Máis información en www.rcdeportivo.es/app.

Ademais de online, tamén podes renovar mediante transferencia

Realiza un ingreso na conta do RC Deportivo:

ABANCA E72 2080 0063 42 3040031088

Renova o abono indicando nome, apelidos e DNI da persoa abonada. Para formalizar a renovación, un requisito imprescindible é enviar un correo electrónico a atencion.deportivista@rcdeportivo.es achegando o xustificante bancario, copia do DNI, sinalando os datos da persoa abonada ou abono, a dirección postal se desexas que che enviemos o carné físico e indicando no asunto "Renovación por transferencia". Procederase a comprobar tanto a transferencia bancaria como os datos, e, posteriormente, farase efectiva a renovación respondendo o correo electrónico desde a Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD). Lembra que en caso de solicitar o carné físico debes engadir 3 euros á tarifa do teu abono na transferencia e indicar que SI desexas o carné físico.

CALENDARIO

Datas crave da campaña de abonos 2024/2025

TÁBOA DE PREZOS

Prezo do abono para as diferentes bancadas de ABANCA-RIAZOR

PLANO ESTADIO ABANCA-RIAZOR

OFICINA DE ATENCIÓN AO DEPORTIVISMO (OAD)

Renovación de abonos exclusivamente online.

Cambios de localidade e/ou modalidade do 30 de xullo ao 13 de agosto presencialmente, só con cita previa, en citaprevia.rcdeportivo.é.

Dirección: avenida de La Habana, s/n 15011 A Coruña

Correo electrónico: atencion.deportivista@rcdeportivo.es

Teléfono: 981 259 500 Extensión 1