POLÍTICA DE COOKIES
A páxina web www.rcdeportivo.es (en diante, a “Web”), propiedade do REAL CLUB DEPORTIVO DE LA CORUÑA, S.A.D. (en diante, o “RC Deportivo), utiliza cookies propias e de terceiros para facilitar a relación das persoas usuarias da Web (en diante, os “Usuarios” ou o “Usuario”) co seu contido e para recoller información sobre o uso da Web.Así, en cumprimento da Directiva 2009/136/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de novembro de 2009, desenvolvida no ordenamento español polo apartado segundo do artigo 22 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información (en diante, “LSSI”), e seguindo as directrices da Axencia Española de Protección de Datos, na presente Política de Cookies infórmase, de maneira detallada, o Usuario sobre o uso que a Web fai das cookies.QUE É UNHA COOKIE E QUE TIPOS HAI?Unha cookie é un pequeno ficheiro de información que se garda, de maneira imperceptible, no ordenador/smartphone/tablet ou noutro dispositivo desde o que se acceda á Web para almacenar e recuperar información sobre as preferencias de navegación que realiza un Usuario desde ese equipo.Así, cada vez que o Usuario volve acceder á Web estes ficheiros actívanse de maneira automática, configurando a Web coas preferencias indicadas polo Usuario nas súas visitas anteriores. A Web do RC Deportivo utiliza diversos tipos de cookies unicamente coa finalidade de mellorar a experiencia de navegación do Usuario.En ningún caso as cookies almacenan datos persoais do Usuario nin permiten o acceso ao contido do dispositivo ou equipo no que se gardan, pois a súa finalidade é lembrar as visitas previas dos Usuarios e as súas preferencias de navegación, sen o identificar persoalmente.1. Cookies segundo a entidade que as xestiona: Segundo a entidade que xestione o equipo ou dominio desde onde se envían as cookies e trate os datos que se obteñan, podemos distinguir:Cookies propias: Son aquelas que se envían ao equipo ou dispositivo do usuario desde un equipo ou dominio xestionado polo propio editor e desde o que se presta o servizo solicitado polo usuario.Cookies de terceiros: Son aquelas que se envían ao equipo ou dispositivo do usuario desde un equipo ou dominio que non é xestionado polo editor, senón por outra entidade que trata os datos obtidos a través das cookies.Non se entenderán como cookies propias aquelas que sexan instaladas desde un equipo ou dominio xestionado polo propio editor cando a información que se recolla mediante esas cookies sexa xestionada por un terceiro.Compartición de datos con terceiroEste sitio web utiliza ferramentas de terceiros que poden recoller datos persoais dos usuarios e transferilos aos seus respectivos provedores. A continuación detállanse os servizos activos:Google Tag Manager (GTM)Proveedor: Google LLC (EE. UU.)Finalidade: Xestión e despregamento de etiquetas e scripts de terceiros no sitio web. GTM en si mesmo non instala cookies, pero pode activar outras etiquetas que si o fan.Datos transferidos: Enderezo IP, datos de navegación e comportamento do usuario.Base legal: Consentimento do usuario (art. 6.1.a RGPD).Máis información: https://policies.google.com/privacyGoogle Analytics / Google AdsProveedor: Google LLC (EE. UU.)Finalidade: Análise do tráfico web e medición de campañas publicitarias.Datos transferidos: Identificadores de usuario, enderezo IP anonimizado, comportamento de navegación.Base legal: Consentimento do usuario (art. 6.1.a RGPD).Máis información: https://policies.google.com/privacyMeta Pixel (Facebook/Instagram)Proveedor: Meta Platforms Ireland Ltd. (Irlanda) / Meta Platforms Inc. (EE. UU.)Finalidade: Seguimento de conversións, remarketing e creación de audiencias personalizadas nas plataformas de Meta (Facebook e Instagram).Datos transferidos: Enderezo IP, identificadores de dispositivo, comportamento no sitio web, datos de eventos (páxinas visitadas, compras, rexistros, etc.).Base legal: Consentimento do usuario (art. 6.1.a RGPD).Máis información: https://www.facebook.com/privacy/policy/2. Cookies segundo a finalidade:Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico ou a comunicación de datos.Cookies de personalización: Son aquelas que permiten ao usuario acceder con algunhas características xa predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario, como por exemplo o idioma, o tipo de navegador a través do cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.Cookies de análise: Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios.Cookies publicitarias: Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, se é o caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma desde a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia coa que se amosan os anuncios.Cookies de publicidade comportamental: Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, se é o caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma desde a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o que permite desenvolver un perfil específico para amosar publicidade personalizada en función do mesmo.3. Cookies segundo o seu tempo de activaciónCookies de sesión: Son aquelas cookies que recollen e almacenan datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Adoitan empregarse para almacenar información que só interesa conservar para a prestación do servizo solicitado polo usuario nunha soa ocasión.Cookies persistentes: Son aquelas cookies que almacenan os datos no dispositivo durante un período definido polo responsable da cookie, e que pode ir desde uns minutos ata varios anos.COMO SE PODEN XESTIONAR AS COOKIES?O Usuario pode xestionar o comportamento do seu dispositivo ou equipo fronte ás cookies mediante a configuración das opcións dos navegadores cos que accede á Web.Dado que cada navegador establece procedementos diferentes para xestionar as cookies, recoméndase que acudan á función “Axuda” de cada navegador, onde se lle explicarán os pasos a seguir.Advírtese que, no caso de que o Usuario decida non aceptar certas cookies utilizadas pola Web, isto pode provocar a imposibilidade de utilizar determinadas funcionalidades ou servizos.
Cookies neste sitio web
Os tipos específicos de cookies propias e de terceiros que se utilizan a través das nosas páxinas web e as finalidades que cumpren descríbense na seguinte táboa (teña en conta que as cookies concretas que se empreguen poden variar segundo as Propiedades en liña específicas que visite):
A continuación pode ver a listaxe das cookies en rcdeportivo.es e subdominios *.rcdeportivo.es :