RCDeportivo Logo

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

1. DATOS DO RESPONSABLE DO TRATAMENTO DOS DATOS

  • Nome entidade: Real Club Deportivo da Coruña S.A.D (en diante o “RCDEPORTIVO”, “o Club” ou a “Entidade”)
  • Enderezo: Rúa Manuel Murguía s/n. 15011 A Coruña
  • Teléfono: 981259500
  • Podes contactar co Club e coas súas diferentes áreas, en calquera momento, a través da nosa sección de CONTACTO habilitada na nosa web www.rcdeportivo.es

Dirección de correo electrónico do Delegado de protección de datos: [email protected]Os datos que RCDEPORTIVO poida recompilar polo uso, navegación da páxina web e da App, a través dos nosos formularios, por correo electrónico ou con motivo da relación contractual que che une con RCDEPORTIVO son datos de carácter persoal. No momento de cubrir cada un dos formularios presentes na nosa páxina web existirán unha serie de datos obrigatorios, cuxos campos se atopan marcados co símbolo *. No caso de non encher eses campos, non se poderán levar a cabo as finalidades descritas en cada un dos formularios.Así mesmo, poden existir ligazóns a sitios web e aplicacións de terceiros (como por exemplo as redes sociais como Facebook, YouTube, Instagram etcétera), cuxas políticas de privacidade son alleas ás do Club. Ao acceder a tales sitios web e/ou aplicacións podes decidir se aceptas as súas políticas de privacidade e de cookies. Polo que o RCDEPORTIVO non responde nin do contido nin do estado de ditas páxinas web e aplicacións. Igualmente, a inclusión destes hipervínculos non implica en ningún caso asociación nin participación entre o RCDEPORTIVO e as entidades conectadas. Con carácter xeral, se navegas por internet podes aceptar ou rexeitar as cookies de terceiros desde as opcións de configuración do teu navegador.No caso de que accedas aos vídeos de YouTube incrustados na Plataforma, o Club infórmate de que o responsable dos teus datos persoais coa finalidade de prestarte os servizos de visualización de contido será Google Ireland Limited, con domicilio social en Gordon House, Barrow Street, Dublín 4, Irlanda.Podes obter máis información sobre o tratamento dos teus datos por parte de Google aquí.Coa finalidade de ofrecer o mellor servizo e co obxecto de facilitar o uso, analízanse o número de páxinas visitadas, o número de visitas, así como a actividade das persoas visitantes e a súa frecuencia de utilización. Para estes efectos a información utilízase de forma estatística elaborada polo Provedor deServizos de Internet.RCDEPORTIVO resérvase o dereito a modificar ou adaptar a presente Política de Privacidade en todo momento. Polo tanto, recomendámosche que a revises cada vez que accedas á Páxina Web e/ou App.

2. TRATAMENTOS DE DATOS OBTIDOS A TRAVÉS DA PÁXINA WEB, APP E OUTROSTRATAMENTOS.

1. Información facilitada a través dos correos electrónicos postos á disposición na web e na App do RCDEPORTIVO.

a. Finalidade. Dar resposta á túa solicitude de información.b. Lexitimación. O consentimento outorgado no momento en que nos envías a solicitudevía email.a. Destinatarios. Non se cederán datos a terceiros, agás cando sexa lícito conforme aodisposto na normativa vixente en materia de protección de datos.

2. Formulario traballa con nós e candidaturas espontáneas.

a. Finalidade. Facerte partícipe dos procesos de selección de persoal que se leven a cabo por RCDEPORTIVO.b. Lexitimación. Execución dun contrato no que a persoa interesada é parte ou para a aplicación, a petición desta, de medidas precontractuais.a. Destinatarios Non se cederán datos a terceiros, agás cando sexa lícito conforme ao disposto na normativa vixente en materia de protección de datos.

3.Rexistro de alta de usuario e/ou abonados.

a. Finalidades e lexitimacións.

  • Finalidades de natureza contractual: facilitar a xestión da prestación dos servizos pactados, manter a relación comercial, así como calquera outro servizo que se contrate con posterioridade a través ou non da Web.
  • Finalidades baseadas no consentimento do interesado e/ou dos seus representantes legais:
    1. Se nos dás o teu consentimento expreso, marcando a casiña correspondente no apartado “Consentimientos”, os teus datos empregaranse para o envío de comunicacións comerciais, mesmo por medios electrónicos, relacionadas co deporte, servizos, promocións, ofertas e eventos deportivos organizados polo RCDEPORTIVO.
    2. Se nos dás o teu consentimento expreso, marcando a casiña correspondente no apartado “Consentimentos”, os teus datos empregaranse para a cesión dos teus datos de contacto aos patrocinadores, colaboradores e provedores do RCDEPORTIVO, para que estas entidades poidan enviar, directamente ou a través do RCDEPORTIVO, mesmo por medios electrónicos, comunicacións comerciais dos seus produtos e/ou servizos. A lista de patrocinadores, colaboradores e provedores está á túa disposición na páxina web do club
    3. Se nos dás o teu consentimento expreso, marcando a casiña correspondente no apartado “Consentimentos” para o perfilado dos teus datos, o RCDEPORTIVO poderá enviarte comunicacións comerciais que se axusten mellor ao perfil que declarases, evitando comunicacións comerciais indesexadas ou sobre contidos pouco interesantes para ti. En ningún caso, a elaboración de perfís realizada polo RCDEPORTIVO producirá efectos xurídicos nin te afectará de xeito semellante de forma significativa.
    4. Se nos dás o teu consentimento expreso, marcando a casiña correspondente no apartado “Consentimentos”, os teus datos persoais e o teu perfil poderán ser comunicados a LALIGA, coa finalidade de que esta entidade poida remitirte, por calquera medio, incluídos os electrónicos, comunicacións comerciais, información sobre os seus produtos e servizos, así como ofrecerche experiencias personalizadas e promocións relacionadas coas súas actividades. LALIGA actuará como responsable do tratamento respecto dos datos que reciba, aplicando a súa propia política de privacidade, que estará dispoñible na súa páxina web oficial.
    5. No caso de que o RCDEPORTIVO reciba os teus datos persoais de LALIGA, incluídos os datos adicionais que consten no teu perfil de LALIGA, nome, apelidos, número de teléfono, data de nacemento, xénero, cidade, estado e país, eses datos serán tratados polo RCDEPORTIVO coa finalidade de completar e actualizar a túa información no perfil do activo do Club, de conformidade co establecido na presente Política de Privacidade. Así mesmo, e sempre que lle deseches o teu consentimento expreso, os datos recibidos poderán ser utilizados para o envío de información e comunicacións por parte do RCDEPORTIVO, cando así o autorizases expresamente na plataforma de LALIGA.b. Finalidades baseadas no cumprimento dunha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento, en relación coa xestión e administración se es abonado.

c. Destinatarios. Non se cederán datos a terceiros, agás cando sexa lícito conforme ao disposto na normativa vixente en materia de protección de datos.

4. Exclusivo para abonados/as da Grada Marathon Inferior.

Ademais do indicado nos termos do apartado 3:

1. Verificación de identidade e seguridade interna.

a. Finalidade: Dispor da identidade fehaciente da persoa abonada da zona Maratón Inferior (mediante a recollida exclusiva da copia do anverso do DNI no momento da súa alta ou renovación) para garantir a correcta identificación da súa titularidade, controlar o acceso a esa zona e preservar a seguridade e o bo desenvolvemento do evento deportivo.

b. Lexitimación: O interese lexítimo do Club (art. 6.1.f do RGPD) para o reforzo da seguridade, o control de accesos e a redución do risco de incidentes.

2. Cumprimento normativo e colaboración coas autoridades.

a. Finalidade: Cumprir coas obrigas legais imperativas do RCDEPORTIVO como organizador de eventos deportivos orientadas a previr a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia, así como a colaboración coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e demais autoridades disciplinares competentes.

b. Lexitimación: Cumprimento dunha obriga legal aplicable ao RCDEPORTIVO (art. 6.1.c do RGPD), fundamentada na seguinte normativa:

  • Lei 19/2007, do 11 de xullo, contra a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte (arts. 3.2, 6.2 e 13.1), que impón ao club o deber de adoptar medidas de seguridade e implantar sistemas de verificación da identidade das persoas asistentes.
  • Real Decreto 203/2010, do 26 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de prevención da violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte (arts. 15.3 e 61.b.8), que habilita e obriga a coñecer a identidade dos posuidores de títulos de acceso coa finalidade de garantir o cumprimento das prohibicións existentes e depurar responsabilidades.
  • Lei 39/2022, do 30 de decembro, do Deporte (art. 86.e), que establece a responsabilidade da persoa organizadora na prevención activa de calquera tipo de violencia ou discriminación.

c. Destinatarios Os datos non se cederán a terceiros, salvo cando sexa estritamente necesario para o cumprimento das obrigas legais vixentes. Os seus datos poderán ser comunicados ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, órganos xudiciais, Ministerio Fiscal e autoridades disciplinares deportivas (como a Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e a Intolerancia no Deporte ou a RFEF) para a instrución dos procedementos correspondentes.

5. Aboados/as que utilizan a acción de “Libera o teu asento para a venda”.

  1. Finalidade. Xestionar a venda por parte do RCDEPORTIVO das entradas daqueles asentos que os/ as abonados/as liberaran para a súa venda.
  2. Lexitimación. O consentimento expreso da persoa abonada, manifestado mediante o uso voluntario da acción “Libera o teu asento”.
  3. Destinatarios. Non se cederán datos a terceiros, salvo cando sexa lícito conforme ao disposto na normativa vixente en materia de protección de datos.

6. Servizo de moeDÉiro para abonados/as.

a. Finalidades e lexitimacións.

  • Finalidades de natureza contractual:
  • Xestionar a alta e o acceso ao servizo moeDÉiro (rexistro de usuarios, verificación de que son abonados e maiores de 18 anos).
  • Permitir o uso do carné de abonado como medio de pago dentro do ecosistema RC Deportivo e en establecementos/servizos adheridos, incluíndo a vinculación e verificación da tarxeta bancaria.
  • Xestionar a xeración, acumulación e uso do saldo virtual (incluído o derivado de consumo, promocións, recompensas ou liberación de asentos) e a súa aplicación como medio de pago ou desconto sobre a renovación do abono.
  • Atender incidencias, consultas e reclamacións relacionadas co funcionamento do servizo moeDÉiro.
  • Finalidades baseadas no cumprimento dunha obriga legal, verificacións vinculadas á normativa de servizos de pago, seguridade das transaccións e prevención da fraude, incluída a posible esixencia de autenticación reforzada (SCA) por parte da entidade emisora da tarxeta.
  • Finalidades baseadas no interese lexítimo do Club para garantir a seguridade do servizo, previr usos indebidos ou fraudulentos e protexer a integridade dos sistemas e do propio ecosistema RC Deportivo; para iso poderanse realizar verificacións de identidade e prevención da fraude nas transaccións asociadas ao servizo.
  • Finalidades baseadas no consentimento do interesado e/ou en os casos de Xeración de Saldo que derive de campañas, promocións ou accións comerciais xestionadas de maneira conxunta con terceiros, para as que o usuario autorice expresamente a cesión dos seus datos persoais exclusivamente necesarios para a súa correcta xestión e execución a través de moeDÉiro, informarase en cada acción concreta das bases legais aplicables e das condicións específicas de tratamento.

b. Destinatarios.

  • Entidades financeiras e pasarelas de pago seguras encargadas da verificación e execución dos pagos, aplicando protocolos de cifrado e estándares PCI DSS; o Club non almacena os datos completos da tarxeta.
  • Provedores tecnolóxicos de confianza que presten servizos de soporte á Plataforma e, de ser o caso, de verificación de identidade e prevención da fraude, sempre dentro do marco contractual correspondente.
  • Terceiros colaboradores e establecementos adheridos ao ecosistema RC Deportivo, cando sexa necesario para a xestión de campañas e promocións conxuntas ou para permitir o uso do saldo neses establecementos, nos termos informados ao usuario.
  • Administracións públicas e autoridades competentes, cando así o esixa a normativa aplicable (por exemplo, en materia fiscal, de servizos de pago, prevención da fraude ou requirimentos legais).

7. Elaboración de perfís sinxelos por parte do RCDEPORTIVO.

  1. Finalidade. Enviarte comunicacións comerciais segmentadas a través de correo electrónico, SMS ou outras canles de mensaxería instantánea, sobre os produtos e servizos do RCDEPORTIVO que mellor se axusten ao perfil que declarases, evitando comunicacións comerciais indesexadas ou sobre contidos pouco interesantes. O RCDEPORTIVO utiliza un nivel de detalle do perfil baixo e pouco exhaustivo. Para realizar os segmentos, o RCDEPORTIVO unicamente tratará os datos persoais que facilitases a través da Web/App e noutras actividades desenvolvidas polo RCDEPORTIVO e nas que participes, como sorteos etcétera. En particular, o RCDEPORTIVO utilizará os seguintes datos persoais: país de residencia, rexión ou provincia, idade, xénero, cidade de residencia, idioma, código postal. En ningún caso, a elaboración de perfís realizada polo RCDEPORTIVO producirá efectos xurídicos nin te afectará de maneira semellante de forma significativa.
  2. Lexitimación. Consentimento marcando en cada caso as casiñas dispostas para tal efecto. Os teus datos persoais manteranse con esta finalidade ata que non revogues o consentimento outorgado.
  3. Destinatarios. Non se cederán datos a terceiros, salvo cando sexa lícito conforme ao disposto na normativa vixente en materia de protección de datos.

8. Elaboración de perfís exhaustivos por parte do RCDEPORTIVO.

a. Finalidade. Ofrecerche experiencias, información e produtos personalizados mediante o envío de comunicacións comerciais personalizadas por correo electrónico, SMS ou outras canles de mensaxería instantánea, enviarte notificacións push ou in-app personalizadas ou amosarche banners con publicidade personalizada en webs, aplicacións ou redes sociais sobre os produtos e servizos do RCDEPORTIVO (por exemplo, se identificamos que es seguidor dun xogador concreto, ofrecerémosche incentivos personalizados, como unha camiseta do teu xogador favorito).

As fontes dos datos son:

  1. A información que nos facilites durante o rexistro.
  2. As interaccións coas comunicacións ou notificacións que recibas (por exemplo, facer clic no contido dunha comunicación) ou na comunicación co soporte da APP;

Ademais, o RCDEPORTIVO xerará segmentos tendo en conta as seguintes técnicas de perfilado:

  1. Medición do rendemento individual das campañas: o RCDEPORTIVO utilizará a información relativa ás taxas de apertura, taxas medias de clics, rebotes de correos ou taxas de cancelación das subscricións para medir o rendemento da campaña a nivel individual e, en consecuencia, realizar segmentacións en función da información inferida sobre ti e do resto de información declarada (por exemplo, se es unha persoa usuaria moi activa en determinadas comunicacións poderemos enviarte comunicacións do mesmo tipo con máis frecuencia).
  2. Optimización de campañas: excluirémoste daquelas campañas publicitarias sobre sorteos nos que participases, sobre aplicacións nas que te rexistrases ou descargases, sobre produtos que comprases ou sobre servizos que adquirises previamente (por exemplo, evitaremos ofrecerche un servizo determinado do Club se sabemos que xa o contrataches previamente).
  3. Usuarios afíns aos teus gustos e preferencias: grazas ao perfil que elabore o Club sobre ti, podemos enviarte contido personalizado tendo en conta outros perfís parecidos ao teu (por exemplo, se identificamos que a outros usuarios similares a ti lles gustan os eSports amosarémosche publicidade relacionada cos eSports).

b. Lexitimación. Consentimento da persoa interesada a través da epígrafe “Consentimentos”. Os teus datos persoais manteranse para esta finalidade ata que non revogues o consentimento outorgado.

c. Destinatarios. Non se cederán datos a terceiros, salvo cando sexa lícito conforme ao disposto na normativa vixente en materia de protección de datos.

9. Usuario Asistente Virtual do RC Deportivo de A Coruña.

  1. Finalidade. Xestionar a súa solicitude de información a través do noso Asistente Virtual, así como os compromisos que poidan derivarse da súa solicitude. Non é necesario o tratamento de datos de carácter persoal para o correcto uso do Asistente Virtual, nin que as persoas usuarias se rexistren previamente, o acceso ao mesmo realízase simplemente a través dun dispositivo con conexión a internet.
  2. Lexitimación. O consentimento das persoas interesadas que fan uso do Asistente Virtual.
  3. Destinatarios. Non se cederán datos a terceiros, agás cando sexa lícito conforme ao disposto na normativa vixente en materia de protección de datos.

10. Envío e subscrición ao Newsletter.

  1. Finalidade. Xestionar o envío da Newsletter do RCDEPORTIVO ás persoas usuarias que se subscriban á mesma.
  2. Lexitimación. O consentimento das persoas interesadas que se subscriban a este servizo marcando a casiña destinada para tal fin.
  3. Destinatarios. Non se cederán datos a terceiros, agás cando sexa lícito conforme ao disposto na normativa vixente en materia de protección de datos.

11. Participación na campaña Dépor Museo & Tour.

a. Finalidades e lexitimacións.

  • Finalidades de natureza contractual:
  • Xestionar a solicitude de información, a participación na campaña Dépor Museo & Tour e contactar coas persoas participantes seleccionadas para a exposición do Museo.
  • Xestionar a venda de entradas para o Dépor Museo & Tour.
  • Finalidades baseadas no consentimento do interesado e/ou dos seus representantes legais:
  • Se nos dás o teu consentimento expreso, marcando a casiña correspondente, os teus datos empregaranse para a publicación ou exhibición das imaxes achegadas que fosen seleccionadas para o Dépor Museo & Tour, en formato físico ou dixital.
  • Se nos dás o teu consentimento expreso, marcando a casiña correspondente, os teus datos empregaranse para o envío de comunicacións comerciais, mesmo por medios electrónicos, relacionadas co deporte, servizos, promocións, ofertas e eventos deportivos organizados polo RCDEPORTIVO.
  • Se nos dás o teu consentimento expreso, marcando a casiña correspondente, os teus datos empregaranse para a cesión dos teus datos de contacto a empresas vinculadas ao RCDEPORTIVO, ABANCA e patrocinadores/colaboradores do Club para recibir as súas comunicacións comerciais, para que estas entidades poidan enviar, directamente ou a través do RCDEPORTIVO, mesmo por medios electrónicos, comunicacións comerciais dos seus produtos e/ou servizos. A lista de patrocinadores, colaboradores e provedores está á túa disposición na páxina web do club
  • Se nos dás o teu consentimento expreso, marcando a casiña correspondente, para a elaboración de perfís cos teus datos, o RCDEPORTIVO poderá enviarte comunicacións comerciais que mellor se axusten ao perfil que declarases, evitando comunicacións comerciais indesexadas ou sobre contidos pouco interesantes para ti. En ningún caso, a elaboración de perfís realizada polo RCDEPORTIVO producirá efectos xurídicos nin te afectará de maneira semellante de forma significativa.
  1. Destinatarios. Non se cederán datos a terceiros, salvo cando sexa lícito conforme ao disposto na normativa vixente en materia de protección de datos.

12. Exclusivo para contactos profesionais.

  1. Finalidade. Manter a relación profesional existente entre RCDEPORTIVO e terceiros profesionais, empresas, colaboradores e patrocinadores.
  2. Lexitimación. O interese lexítimo perseguido polo RCDEPORTIVO, sempre que non prevalezan o interese ou os dereitos e liberdades fundamentais da persoa interesada.
  3. Destinatarios. Non se cederán datos a terceiros, agás cando sexa lícito conforme ao disposto na normativa vixente en materia de protección de datos.

13. Exclusivo para contactos a través de redes sociais.

  1. Finalidade. En RCDEPORTIVO tratamos os seus datos persoais coas seguintes finalidades:
  • Responder a consultas, solicitudes ou peticións.
  • Xestionar o servizo solicitado, responder á solicitude ou tramitar unha petición.
  • Establecer unha relación usuario-responsable e crear unha comunidade de seguidores.
  1. Lexitimación. A lexitimación das diferentes finalidades descritas baséase no teu consentimento. Ao facerte seguidor das nosas redes sociais, consentes que tratemos os datos persoais que estean dispoñibles no teu perfil, exclusivamente para esa finalidade e só na contorna de cada rede social conforme ás súas políticas de uso e privacidade.
  2. Destinatarios. Os destinatarios dos seus datos serán os terceiros aos que llos cedamos, cando sexa lícito conforme ao disposto na normativa vixente en materia de protección de datos. Non obstante, recomendamos revisar a política de privacidade das redes sociais que empregamos principalmente, xa que as redes sociais, ao seren norteamericanas, poden transferir datos aos Estados Unidos.

O RCDEPORTIVO non se fai responsable do uso das redes sociais por menores de 14 anos.

14. Exclusivo para accionistas e representantes.

  1. Finalidade. Xestionar a condición de representante do e/ou socio accionista do RCDEPORTIVO.
  2. Lexitimación. A execución dun contrato ou aplicación de medidas precontractuais.
  3. Destinatarios. Non se cederán datos a terceiros, agás cando sexa lícito conforme ao disposto na normativa vixente en materia de protección de datos e en base á execución dos dereitos/obrigas do accionista e/ou do seu representante.

15. Exclusivo Canal Ético.

a. Finalidades.

  • Xestionar e tramitar as correspondentes denuncias ou informacións sobre incumprimentos, comisión de irregularidades ou actos contrarios á ética, á legalidade ou violacións da normativa interna de RCDEPORTIVO.
  • Realizar as actuacións necesarias para a investigación dos feitos denunciados.
  • Proporcionar información sobre o resultado da investigación, incluída, de ser o caso, a adopción das medidas disciplinarias ou legais que correspondan.

b. Lexitimación. O tratamento de datos persoais é necesario para o cumprimento dunha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento:

  • RGPD:
  • Artigo 6.1.c) o tratamento é necesario para o cumprimento dunha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento;
  • Se a información recibida contivese categorías especiais de datos, procederase á súa supresión, agás que o tratamento sexa necesario por razóns dun interese público esencial conforme ao previsto no artigo 9.2.g).
    • Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción.

c. Destinatarios. Non se cederán datos a terceiros, salvo cando sexa lícito conforme ao disposto na normativa vixente en materia de protección de datos e normativa específica. De acordo co establecido na Lei 2/2023, do 20 de febreiro, se concorre algunha das causas taxadas previstas na lei, realizarase comunicación inmediata ao Ministerio Fiscal se a conduta puidese ser constitutiva de delito ou remisión a outra Autoridade ou Organismo que puidese resultar competente para a tramitación da comunicación ou á autoridade administrativa competente no marco dunha investigación penal, disciplinaria ou sancionadora.

16. Tratamento exclusivo de imaxes de cámaras de videovixilancia.

  1. Finalidad. Rexistrar as imaxes das instalacións para garantir e protexer a seguridade das persoas, bens e instalacións.
  2. Lexitimación. O interese público (art. 6.1.e RGPD), baseado en ofrecer as garantías suficientes e a protección da seguridade dos bens, instalacións e persoas.
  3. Destinatarios. Non se cederán datos a terceiros, agás cando sexa lícito conforme ao disposto na normativa vixente en materia de protección de datos. Os seus datos poderán ser comunicados ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, órganos xudiciais e Ministerio Fiscal.

17. Exercicio de dereitos RGPD.

  1. Finalidade:Atender as solicitudes das persoas interesadas en materia de protección de datos
  2. Lexitimación: O tratamento é necesario para o cumprimento dunha obriga legal aplicable ao Regulamento Xeral de Protección de Datos.
  3. Destinatarios: Non se cederán datos a terceiros, agás cando sexa lícito conforme ao disposto na normativa vixente en materia de protección de datos.

18. Quebra de seguridade.

  1. Finalidade: Xestionar e resolver a brecha de seguridade en materia de protección de datos, así como a posible comunicación ás persoas afectadas.
  2. Lexitimación: O tratamento necesario para o cumprimento dunha obriga legal aplicable ao Regulamento Xeral de Protección de Datos.
  3. Destinatarios: Non se cederán datos a terceiros, agás cando sexa lícito conforme ao disposto na normativa vixente en materia de protección de datos.

3. PRAZOS DE CONSERVACIÓN

Tratamento de datos recollidos a través da páxina web

Información facilitada a través dos correos electrónicos postos á disposición na web: Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se recolleron e ante posibles responsabilidades que se puidesen derivar desa finalidade e do tratamento dos datos.Traballa connosco e candidaturas espontáneas: En virtude da política de conservación de RCDEPORTIVO, os seus datos de carácter persoal serán conservados durante o prazo máximo dun ano desde a recepción do currículo.Alta de usuarios/abonados: Os seus datos de carácter persoal serán conservados ata que cancele a súa conta de usuario.

Respecto aos datos tratados en base ao seu consentimento, estes serán conservados e tratados mentres non retire dito consentimento. Os datos históricos de compras serán conservados ata que cancele a súa conta de usuario.

Tras a cancelación da conta de usuario, os datos permanecerán bloqueados nas nosas bases, pero conservados ata a prescrición de posibles responsabilidades legais.Exclusivo para abonados/as Grada Marathon Inferior: Os seus datos persoais serán conservados unicamente mentres manteña a condición de abonado durante a tempada en curso. Unha vez rematada a tempada, procederase á destrución segura dos mesmos. Esta destrución non se levará a cabo, mantendo os datos legalmente bloqueados, naqueles supostos nos que a información estea vinculada a unha investigación policial en curso, a un procedemento xudicial ou administrativo aberto, ou á posible comisión de infraccións penais ou administrativas graves ou moi graves vinculadas á seguridade do evento..Servizo MoeDÉiro para abonados/as: Os seus datos de carácter persoal serán conservados ata que cancele a súa conta moeDÉiro. Unha vez cause baixa, os datos permanecerán bloqueados nas nosas bases, pero conservados ata a prescrición de posibles responsabilidades legais:-En materia mercantil ou contable.-En materia de prevención da fraude e servizos de pago (SCA/PSD2)O bloqueo permite atender reclamacións, verificacións de saldo, incidencias ou responsabilidades contractuais.Respecto dos datos tratados en base ao seu consentimento, estes serán conservados e tratados mentres non retire dito consentimento. Os datos históricos de compras serán conservados ata que cancele a súa conta de usuario.Perfilado de datos: Conservaranse mentres non solicites a oposición dos teus datos a través do apartado “Consentimentos”. Dependendo das túas preferencias os datos manteranse bloqueados.Usuario Asistente Virtual: Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se recolleron e ante posibles responsabilidades que se puidesen derivar de dita finalidade e tratamento de datos.Envío e subscrición de Newsletter: Os seus datos de carácter persoal serán conservados ata que cancele a súa subscrición á Newsletter do RCDEPORTIVO.Participación na campaña Dépor Museo&Tour: Os seus datos de carácter persoal conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se recolleron.

Respecto aos datos tratados en base ao seu consentimento, estes serán conservados e tratados mentres non retire dito consentimento.Exclusivo para contactos profesionais: Ata que finalicen as nosas relacións profesionais ou decida cancelar ou opoñerse ao tratamento dos seus datos de contacto.Exclusivo para contactos a través de redes sociais: Os datos de carácter persoal conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se recolleron.Exclusivo para accionistas e representantes: Poderanse conservar os datos cando resulten necesarios para o exercicio de dereitos ou a defensa fronte a reclamacións. Prazo ata a prescrición de accións. Dez anos para dar cumprimento á normativa de Prevención de Branqueo de Capitais e Financiamento do Terrorismo.Exclusivo Canal Ético: Os seus datos persoais serán tratados durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade de xestionar e realizar os trámites necesarios para dar curso á denuncia.

O prazo de conservación non excederá, en ningún caso, de dez anos desde a recepción da comunicación. Pola súa banda, transcorridos tres meses desde a recepción da comunicación sen que se iniciasen actuacións de investigación, procederase á supresión de tales datos, agás que a finalidade da súa conservación fose deixar constancia do funcionamento do sistema, nese caso o contido das comunicacións constará de maneira anonimizada.

Para o tratamento de categorías especiais de datos persoais, procederase á súa supresión inmediata en canto non sexan necesarios.

O cómputo do prazo de tres meses ao que se refire o apartado anterior iníciase desde a recepción da comunicación no sistema ou, se non se remite un acuse de recibo á persoa informante, desde o vencemento do prazo de sete días despois de terse recibido a comunicación.Exclusivo Sistemas de Videovixilancia: As gravacións conservaranse ata un prazo máximo dun mes desde a súa captación de acordo co artigo 22 da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais. Pasado dito prazo, as gravacións serán destruídas, agás que estean relacionadas con infraccións penais e/ou administrativas graves ou moi graves en materia de seguridade pública, cunha investigación policial en curso ou cun procedemento xudicial ou administrativo aberto.Exercicio de dereitos RPGD: Durante o tempo necesario para resolver a reclamación e, posteriormente, debidamente minimizados e bloqueados ata cumprir coas obrigas legais en materia de protección de datos.Xestión de brechas: Durante o tempo necesario para xestionar e resolver a brecha e, posteriormente, debidamente minimizados e bloqueados ata cumprir coas obrigas legais en materia de protección de datos.

4. TRANSFERENCIAS INTERNACIONAIS

RCDEPORTIVO non ten previsto realizar transferencias internacionais de datos; no caso de seren necesarias, só se realizarán a entidades baixo a habilitación do acordo EEUU-Unión Europea Data Privacy Framework (, (máis información: ), a entidades que teñan demostrado que cumpren co nivel de protección e garantías de acordo cos parámetros e esixencias previstas na normativa vixente en materia de protección de datos, como o Regulamento Europeo, ou cando exista unha habilitación legal para realizar a transferencia internacional, como o consentimento da persoa interesada. En todo caso, proporcionarase a correspondente información á persoa interesada.

5. CALES SON OS SEUS DEREITOS EN RELACIÓN CO TRATAMENTO DE DATOS?

Vostede, como titular de datos, ten dereito a obter confirmación sobre a existencia dun tratamento dos seus datos, a acceder aos seus datos persoais, solicitar a rectificación daqueles que sexan inexactos ou, de ser o caso, solicitar a supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos ou vostede, como persoa interesada, retire o consentimento outorgado, así como a non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos. RCDEPORTIVO tratará e conservará os seus datos de acordo coa normativa vixente, sen prexuízo de que, como persoa interesada, poida solicitar en todo caso a limitación do tratamento dos seus datos. En certos supostos poderá exercer o seu dereito á portabilidade dos datos, que lle serán entregados nun formato estruturado, de uso común ou lectura mecánica, a vostede ou ao novo responsable do tratamento que designe. Terá dereito a revogar en calquera momento o consentimento para calquera dos tratamentos para os que o outorgou. Para exercer os seus dereitos, comuníquese con nós a través do enderezo de correo electrónico protección de datos. O prazo máximo para resolver será dun mes contado desde a recepción da súa solicitude. Dispoñemos de formularios para o exercicio de todos os dereitos anteriormente indicados; non obstante, tamén pode utilizar os elaborados pola Axencia Española de Protección de Datos. Terá dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos no caso de que considere que non se atendeu convenientemente o exercicio dos seus dereitos. No caso de producirse algunha modificación dos seus datos, agradécemoslle que nolo comunique debidamente por escrito coa finalidade de manter os seus datos actualizados.