RCDeportivo Logo
Web2627_Moedeiro_Head-Mobile (1).png

MoeDÉiro

A nova forma de pago, coa túa APP oficial do Dépor

COMO REXISTRARSE?

O uso de moeDÉiro é exclusivo desde a APP oficial do Dépor, polo que para rexistrarte só tes que:

-Descargar a APP oficial do Club.

-Rexistrarte como abonado do Dépor co teu usuario e contrasinal.

-Darte de alta no servizo de moeDÉiro.

COMO REXISTRARSE?

CONFIGURA AS TÚAS PREFERENCIAS

Unha vez que esteas rexistrado en moeDÉiro, poderás engadir unha tarxeta de crédito para gozar das vantaxes de moeDÉiro, teñas ou non saldo. Deste xeito, cando non teñas saldo ou este non sexa suficiente para realizar a compra, a diferenza cargarase na tarxeta que elixises.

En cada compra poderás elixir se usar o teu saldo ou gardalo e pagar coa tarxeta.Poderás configurar un límite de saldo diario, de xeito que teñas sempre o control do que se gasta.

CONFIGURA AS TÚAS PREFERENCIAS

RECIBE SALDO E ÚSAO ONDE QUEIRAS

Recibe o saldo da liberación do teu asento e dispón del cando queiras na contorna do Dépor. Úsao nas barras do estadio, só tes que amosar o teu QR, e aproveita o 10% de descontoPROXIMAMENTE: Úsao na DéporTienda para facerte cos produtos oficiais.PROXIMAMENTE: Úsao para mercar entradas de partido ou entradas para o Dépor Museo & Tour.PROXIMAMENTE: Úsao nos locais da contorna Dépor, Dé Beach Club, Bruma, 1906 CAFÉ…

RECIBE SALDO E ÚSAO ONDE QUEIRAS

Onde podo usar o meu saldo?

  • Renovación do abono
    DISPOÑIBLE

    Renovación do abono

    Podes usar o saldo de moeDÉiro para a renovación do abono da vindeira temporada, ata cubrir, como máximo, o 50 % do seu importe

  • Barras do estadio
    DISPOÑIBLE

    Barras do estadio

    Usa MoeDÉiro para as túas compras nas barras do estadio e aproveita un 10% de desconto.

  • Locales Dépor
    PROXIMAMENTE

    Locales Dépor

    Usa moeDÉiro para pagar nos locais do Dépor (Dé Beach Club, 1906 CAFÉ O BRUMA sushi Bar)

  • TIENDA OFICIAL
    PROXIMAMENTE

    TIENDA OFICIAL

    Aproveita o teu saldo para facerte cos produtos oficiais nos nosos puntos de venda físicos.

  • TICKETING PARTIDOS
    PROXIMAMENTE

    TICKETING PARTIDOS

    Compra entradas para os partidos ou goza de experiencias VIP nos nosos espazos de HOPITALITY.

  • Museo & Tour
    PROXIMAMENTE

    Museo & Tour

    Faite con entradas para o Museo & Tour e goza da historia do Dépor desde dentro.

2627_Banner_GALEGA_WEB-HEAD_Desktop.png
2526_NW_NuevaApp_640x500_Es.png
2526_NW_Museo&Tour_640x500_GAL.png

PREGUNTAS FRECUENTES

Condicións moeDÉiro

O moeDÉiro estará dispoñible para persoas maiores de 14 anos. Os menores non poderán gozar desta vantaxe. O seu saldo utilizarase integramente para a renovación do abono na vindeira temporada.

Recibirás como saldo o 50% do importe polo que se vendese o teu asento. Por exemplo, se o teu asento se vende por 50 €, recibirás 25 € de saldo no teu moeDÉiro.

Cada semana, despois do partido, actualizaranse os saldos dos moeDÉiro daquelas persoas que vendesen o seu asento. Pode tardar uns días desde que remata o partido, pero sempre o recibirás antes do seguinte partido.

O teu saldo utilizarase para a renovación do abono da vindeira temporada ata cubrir, como máximo, o 50% do seu importe. O saldo restante gardarase no teu moeDÉiro. É importante que saibas que ese saldo se perderá se non renovas o teu abono.

Non, a vinculación do abono dáche algúns dereitos sobre el, como a liberación ou a asistencia ao partido, pero non che dá dereito sobre o seu moeDÉiro. Só os carnés que sexan da túa propiedade acumularán saldo nese mesmo moeDÉiro.

Si, se queres manter o saldo intacto para a próxima renovación ou para o que decidas, podes seguir usando moeDÉiro, pero coa tarxeta de crédito que teñas asociada. Podes decidilo no momento de pagar na APP do Dépor.

Se non tes moeDÉiro activo, o teu saldo utilizarase unicamente para a renovación do abono na vindeira temporada. A principal diferenza é que, no caso de que teñas máis saldo do que podes gastar na renovación, perderás a diferenza. Por exemplo, se teño 500€ de saldo de liberación e só podo gastar 400€ na renovación, porque o meu abono custa 800€, os 100€ restantes NON se gardan para a temporada seguinte. A única forma de conservar o saldo dunha temporada a outra é tendo moeDÉiro antes do final da temporada en curso.