
CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN

JUAN CARLOS ESCOTET RODRÍGUEZ
PRESIDENTE
JUAN CARLOS ESCOTET RODRÍGUEZ
PRESIDENTE

MADRID, 1959
Juan Carlos Escotet Rodríguez é presidente do RC Deportivo desde 2024. Banqueiro e empresario, é presidente de ABANCA e fundador e presidente de Banesco Internacional. Á fronte do Club impulsa un proxecto baseado na estabilidade institucional, a solvencia económica e o crecemento sostible, cunha visión a longo prazo. Baixo o seu liderado, o RC Deportivo regresou ao fútbol profesional.

MICHELLE CLEMENTE ESCOTET
VICEPRESIDENTA
MICHELLE CLEMENTE ESCOTET
VICEPRESIDENTA

CARACAS (VENEZUELA), 1994
Licenciada en Business Management pola Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill. Foi xogadora do Dépor ABANCA e da selección venezolana sub-17 e sub-20. Participou no Mundial sub-17 en 2010, no Campionato Sudamericano sub-17 e sub-20 e disputou a Copa Libertadores en 2011. É experta en análise financeira, optimización de procesos e cumprimento normativo. Anteriormente, desenvolveu a súa carreira nas áreas de medios de pago, hostalaría, márketing e responsabilidade social corporativa.

MASSIMO ADALBERTO BENASSI
CONSELLEIRO DELEGADO
MASSIMO ADALBERTO BENASSI
CONSELLEIRO DELEGADO

PORDENONE (ITALIA), 1991
Licenciado en Dereito, con proxecto de fin de carreira no ámbito do dereito deportivo, é máster en dereito deportivo pola Universidade de Bolonia e MBA en xestión de entidades deportivas da Escola Universitaria do Real Madrid. Massimo Adalberto Benassi incorporouse ao RC Deportivo o 21 de xuño de 2022 como director de desenvolvemento de negocio. Ata ese momento, Benassi exercera como director de desenvolvemento de negocio e márketing da UD Ibiza. Antes de incorporarse ao club insular, en setembro de 2018, exerceu de asistente do director xeral do CD Leganés na tempada 2017-2018.

CARLOS ALBERTO BALLESTA EDREIRA
CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN
CARLOS ALBERTO BALLESTA EDREIRA
CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN

SAN PEDRO DE NÓS, A CORUÑA, 1955
Vinculado ao Deportivo como futbolista, adestrador e ojeador durante case 40 anos. Chegou ao equipo xuvenil en 1970, subiu ao Fabril en 1973, deu o salto ao primeiro equipo en 1974 e nel disputou 278 encontros oficiais ata que se retirou en 1985. Entre 1986 e 1995 exerceu como segundo adestrador con Eusebio Ríos, Luis Rodríguez Vaz e con Arsenio Iglesias, e desde 1995 ata 1999 como técnico do Fabril. É conselleiro do RC Deportivo desde o 17 de xullo de 2023.

BENITO COUCEIRO
CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN
BENITO COUCEIRO
CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN

A CORUÑA, 1972
Doutor en Dereito e profesor universitario. É director das áreas de Operacións de Capital Humano e Socios de Negocio de Servizos Centrais de ABANCA e responsable de Relacións Laborais. É conselleiro do RC Deportivo desde o 11 de outubro de 2024.

JOSÉ VICENTE FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ
CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN
JOSÉ VICENTE FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ
CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN

CARACAS (VENEZUELA), 1969
Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, con especialización en deportes de equipo, principalmente fútbol, baloncesto e balonmán. Conta con formación complementaria en Ciencias da Actividade Física, Deporte e Saúde, no INEF Galicia. A súa traxectoria profesional desenvólvese integramente no mundo do deporte. Foi adestrador e preparador físico no Básquet Coruña, técnico nas escolas deportivas de baloncesto e fútbol da Coruña, e técnico deportivo de actividades físico-deportivas e de saúde en Abegondo. É conselleiro do RC Deportivo desde 2023.

MARTA FERNÁNDEZ CURRÁS
CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN
MARTA FERNÁNDEZ CURRÁS
CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN

VIGO, 1963
Licenciada en Ciencias Empresariales. Exerceu de Inspectora de Hacienda e interventora e auditora do Estado. Ademáis de ser ex conselleira de Facenda da Xunta. Na actualidad é consellera independente de Ecoener. É conselleiro do RC Deportivo desde o 11 de outubro de 2024.