

Unha viaxe única polo pasado, o presente e a identidade dun club que forma parte da cidade da Coruña
O Dépor Museo & Tour está formado por tres salas: a Sala Branca, a Sala Dourada e a Sala Azul, con máis de 250 pezas expostas e un destacado compoñente interactivo e audiovisual.
Este novo espazo eríxese como o primeiro museo do deporte integrado na rede de Centros Museísticos de Galicia.
TOUR LIBRE
Explora ABANCA-RIAZOR ao teu propio ritmo cunha visita que combina o acceso ao museo e un percorrido por algunhas das zonas máis representativas do estadio. Unha experiencia flexible que che permite deterte en cada espazo, descubrir a historia do Dépor e achegarte a recunchos clave do día de partido con total liberdade.

Desfruta da sala branca completamente de balde
Constitúese como o punto de partida da experiencia deportivista e un lugar dinámico no que realizar diferentes actividades. A sala, articulada arredor dos valores do Club, evidencia o vínculo do RC Deportivo coa súa comunidade e afección. Baixo a forza visual dun mural dedicado á masa humana do Dépor, móstrase a evolución do Estadio ABANCA-RIAZOR e os diferentes proxectos sociais que leva a cabo a RC Deportivo Fundación.

O que a xente di sobre a experiencia

Unha experiencia incrible
Crear o Dépor Museo&Tour é unha forma de acordarse das persoas que formaron parte do Club e iniciaron a súa historia en 1906. Este é o camiño para crecer. Para min é un orgullo estar aquí hoxe e sentir que A Coruña é a miña casa.
BEBETO - Ex-xogador do RC Deportivo
