Termos e Condicións Liberación de Asento
Aviso Legal – APP RC Deportivo
1.2. Características Xerais do Servizo.
1.2.1. Descrición do Servizo Liberación de Asento.
1.2.1.1. O RC Deportivo pon á disposición dos seus abonados, a través da PÁXINA WEB – APP OFICIAL RC DEPORTIVO (en diante, a “Plataforma”), o servizo denominado Liberación de Asento (en diante, o “Servizo” ou “Liberación de Asento”, indistintamente), exclusivo para usuarios que conten cun abono vixente (en diante, os “Usuarios”).
Mediante o presente Servizo, os Usuarios que non puidesen asistir a un encontro determinado durante o desenvolvemento da tempada deportiva poderán, de forma voluntaria, liberar a súa localidade correspondente ao devandito encontro, co fin de que o RC Deportivo poida dispoñer dela e poñela á venda para a súa adquisición por parte dun terceiro.
Como contraprestación pola devandita cesión temporal de uso, o RC Deportivo xerará a favor do Usuario un importe variable, determinado en función dunha porcentaxe do prezo de venda efectivo polo que a localidade fose finalmente alleada polo RC Deportivo.
O devandito importe considerarase Saldo xerado por Liberación de Asentos atendendo aos seguintes criterios e, en todo caso, conforme ao disposto nos presentes Termos e Condicións:
1. Condicións Xerais do Servizo de Liberación de Asento.
1.1. Identificación do Prestador do Servizo.
En cumprimento da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, identifícase a continuación o Prestador do Servizo, sendo a PÁXINA WEB – APP OFICIAL a través da que este se presta titularidade do Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D. (en diante, o “RC Deportivo”), con domicilio social na Plaza de Pontevedra, 19-1, 15003 (A Coruña), provista de NIF A-15023070 e enderezo electrónico de contacto: [email protected].
1.2. Características Xerais do Servizo.
1.2.1. Descrición do Servizo de Liberación de Asento.
1.2.1.1. O RC Deportivo pon á disposición dos seus abonados, a través da PÁXINA WEB – APP OFICIAL RC DEPORTIVO (en diante, a “Plataforma”), o servizo denominado Liberación de Asento (en diante, o “Servizo” ou “Liberación de Asento”, indistintamente), exclusivo para usuarios que conten cun abono vixente (en diante, os “Usuarios”).
Mediante o presente Servizo, os Usuarios que non puidesen asistir a un encontro determinado durante o desenvolvemento da tempada deportiva poderán, de forma voluntaria, liberar a súa localidade correspondente ao devandito encontro, co fin de que o RC Deportivo poida dispoñer dela e poñela á venda para a súa adquisición por parte dun terceiro.
Como contraprestación pola devandita cesión temporal de uso, o RC Deportivo xerará a favor do Usuario un importe variable, determinado en función dunha porcentaxe do prezo de venda efectivo polo que a localidade fose finalmente alleada polo RC Deportivo.
O devandito importe considerarase Saldo xerado por Liberación de Asentos atendendo aos seguintes criterios e, en todo caso, conforme ao disposto nos presentes Termos e Condicións:
- No caso de que o Usuario activase o servizo moeDÉiro, o importe que se xere como consecuencia da Liberación de Asentos será aboado automaticamente polo RC Deportivo no moeDÉiro persoal do Usuario.
O devandito importe pasará a formar parte do Saldo dispoñible no referido moeDÉiro e poderá ser utilizado polo Usuario para realizar transaccións dentro do ecosistema RC Deportivo, conforme ao previsto nos Termos e Condicións do Servizo moeDÉiro.
Entre os posibles usos do Saldo, o Usuario poderá aplicalo, total ou parcialmente, como desconto sobre o Prezo de Venda ao Público (PVP) do abono correspondente á seguinte tempada deportiva, de acordo cos límites e condicións establecidos nos Termos e Condicións do servizo moeDÉiro.
- No caso de que o Usuario non activase o servizo moeDÉiro, o importe xerado pola Liberación de Asentos poderá utilizarse exclusivamente como desconto sobre o PVP do abono da tempada seguinte, cun límite máximo do cincuenta por cento (50 %) do prezo de venda asignado ao devandito abono para esa tempada.
Transcorrido o prazo de renovación sen que o Usuario formalice a adquisición do abono para a seguinte tempada, o importe xerado quedará sen efecto, sen que o Usuario teña dereito a reclamación ou compensación ningunha fronte ao RC Deportivo.
1.2.2. Aceptación dos Termos e Condicións do Servizo.
1.2.2.1. Os Usuarios, polo mero feito de utilizaren o Servizo, aceptan expresamente, sen reserva ningunha, os presentes Termos e Condicións, así como calquera outro específico que o regule, e mais as normas e/ou políticas que en cada momento aprobe e publique o RC Deportivo ao respecto.
O RC Deportivo resérvase en todo momento o dereito a modificar, por calquera forma admisible en Dereito, os presentes Termos e Condicións, de acordo co establecido na presente cláusula.
Así mesmo, o RC Deportivo resérvase o dereito a modificar de maneira inmediata os presentes Termos e Condicións, así como a alterar, modificar e/ou suprimir o funcionamento do Servizo e/ou calquera das súas funcionalidades, cando concorra algunha das seguintes circunstancias:
- Cando resulte necesario por esixencias legais e/ou en termos de seguridade;
- Cando resulte de calquera variación, modificación, alteración e/ou axuste técnico e/ou operativo na PÁXINA WEB – APP OFICIAL e/ou da/s ferramenta/s utilizada/s para prestar o Servizo;
- Por causa de forza maior ou circunstancias alleas ao control do RC Deportivo;
- En calquera momento, incluído o período que abrangue o desenvolvemento da temporada deportiva, sempre que non prexudique os dereitos dos Usuarios do Servizo;
- 1.2.2.2. O RC Deportivo resérvase o dereito a alterar, modificar e/ou suprimir o acceso e/ou a utilización do Servizo, con carácter individual, desde o momento en que se detecte calquera infracción dos presentes Termos e Condicións por parte do Usuario e/ou respecto daquelas que regulen o uso do Servizo e/ou de calquera das normas internas que fosen aprobadas polo RC Deportivo.
1.2.2.3. Así mesmo, o RC Deportivo resérvase a facultade de activar ou desactivar o Servizo, total ou parcialmente, durante a tempada deportiva, así como de modificar ou suspender temporalmente determinadas funcionalidades, informando diso ao Usuario na medida do posible. En ningún caso a devandita decisión xerará dereito a compensación ou reclamación, sen prexuízo dos dereitos recoñecidos ao Usuario pola normativa vixente.
1.2.2.4. En consecuencia, de conformidade con todo o anterior, os Usuarios, polo mero feito de utilizaren o Servizo, aceptan expresamente o criterio e a competencia do RC Deportivo para resolver calquera cuestión derivada das situacións anteriormente mencionadas.
2. Condicións Particulares do Servizo de Liberación de Asento.
2.1. Usuarios
2.1.1. Requisitos para ser Usuario do Servizo.
2.1.1.1. O acceso e a utilización do Servizo están limitados exclusivamente a aquelas persoas que teñan a condición de abonados do RC Deportivo durante a tempada deportiva en curso.
2.1.1.2. Adicionalmente, o acceso e a utilización do Servizo requirirán que o abonado sexa maior de dezaoito (18) anos. Para tal efecto, a aceptación dos presentes Termos e Condicións entenderase como unha manifestación expresa de que cumpre o devandito requisito de maioría de idade, así como de que dispón de plena capacidade legal para contratar e vincularse conforme á normativa aplicable.
Así mesmo, o RC Deportivo resérvase o dereito de verificar en calquera momento a idade, identidade e condición de abonado dos Usuarios. Para tal efecto, poderá requirir a achega de documentación acreditativa suficiente, incluíndo, entre outros, unha copia do Documento Nacional de Identidade ou documento oficial equivalente.
En caso de negativa ou falta de resposta por parte do abonado aos requirimentos de verificación formulados polo RC Deportivo, este estará facultado para suspender ou bloquear o acceso ao Servizo.
2.2. Procedemento para efectuar a Liberación de Asento
2.2.1. Acceso e solicitude de liberación.
O Usuario poderá efectuar a liberación da súa localidade a través da Plataforma habilitada polo RC Deportivo para tal fin. Unha vez acceda á Plataforma, deberá seleccionar o encontro correspondente e premer a opción “Liberar o meu asento neste partido”.
A Plataforma mostrará unha mensaxe de confirmación da liberación e, desde ese momento, o carné de abonado—tanto no seu formato físico como dixital— quedará anulado para o acceso ao encontro en cuestión no Estadio ABANCA-RIAZOR.
2.2.2. Prazo para a liberación.
A liberación de localidades poderá realizarse desde a comunicación do RC Deportivo na que se anuncie a apertura do Servizo para un determinado encontro e, en todo caso, ata corenta e oito horas (48h) antes da celebración do encontro.
Non obstante, o RC Deportivo resérvase o dereito de modificar o devandito prazo co fin de adaptalo aos horarios oficiais ou ás eventuais modificacións fixadas polas autoridades competentes e/ou pola organización da competición.
2.2.3. Recuperación da localidade liberada.
O Usuario poderá revogar a liberación e recuperar o uso da súa localidade sempre que esta non fose vendida polo RC Deportivo a un terceiro. A devandita recuperación deberá efectuarse a través da mesma plataforma de liberación ata vinte e catro horas (24h) antes do inicio do encontro, salvo que o Club determine un prazo distinto atendendo a circunstancias operativas ou de calendario.
2.2.4. Dispoñibilidade do Servizo.
A dispoñibilidade do Servizo estará en todo momento suxeita aos criterios que o RC Deportivo considere oportunos, podendo o RC Deportivo habilitar ou deshabilitar o Servizo total ou parcialmente para un ou varios encontros. Esta decisión poderá adoptarse por razóns comerciais, organizativas ou de seguridade, así como para garantir o cumprimento da normativa aplicable ou das directrices establecidas polas autoridades competentes ou pola organización da competición.
Nestes casos, o Usuario non terá dereito a compensación, devolución ou reclamación ningunha fronte ao RC Deportivo pola falta de dispoñibilidade ou a desactivación temporal do Servizo.
Non obstante, o RC Deportivo comunicará a través das súas canles oficiais (web, aplicación móbil ou comunicacións directas ás persoas abonadas) os encontros nos que estea activado o Servizo, así como calquera modificación relevante no seu funcionamento ou dispoñibilidade.
2.3. Método de Compensación pola Liberación de Asento.
2.3.1. Determinación do importe.
No caso de que o Usuario libere a súa localidade a favor do RC Deportivo e sempre que esta sexa finalmente vendida a un terceiro, os ingresos obtidos pola devandita venda distribuiranse entre o RC Deportivo e o Usuario nunha proporción do cincuenta por cento (50 %) para cada Parte.
O importe correspondente á persoa abonada calcularase sobre o prezo efectivo de venda da localidade —isto é, o prezo final aboado polo terceiro adquirente— e non sobre o prezo de referencia do sector ou zona do Estadio.
2.3.2. Aplicación do importe xerado.
O cincuenta por cento (50 %) do importe así xerado a favor da persoa abonada poderá destinarse:2.2.4. Dispoñibilidade do Servizo.
- Se o Usuario ten activado o servizo moeDÉiro, ingresarase automaticamente no seu moeDÉiro persoal e utilizarase conforme ás condicións establecidas no devandito Servizo; ou
- Se o Usuario non ten activado o servizo moeDÉiro, aplicarase exclusivamente como desconto sobre o Prezo de Venda ao Público (PVP) do abono correspondente á seguinte tempada deportiva, co límite máximo do cincuenta por cento (50 %) do valor do devandito abono.
2.3.3. Promocións e prezos especiais.
No suposto de que o RC Deportivo habilite promocións, descontos ou tarifas especiais para a venda de entradas correspondentes a partidos con servizo de liberación, o importe que percibirá a persoa abonada calcularase sempre sobre o prezo promocional efectivamente aplicado na venda, e non sobre o prezo ordinario do sector.
2.3.4. Custos e impostos.
O RC Deportivo asumirá integramente os custos de xestión do Servizo, así como a totalidade dos impostos devindicados pola venda da localidade, que se deducirán da parte correspondente ao RC Deportivo, sen repercusión ningunha sobre o importe que lle corresponda ao Usuario.
2.3.5. Límite máximo de compensación.
A suma total das compensacións xeradas polo Servizo durante unha mesma tempada non poderá, en ningún caso, superar o cincuenta por cento (50 %) do importe aboado polo Usuario en concepto de abono da tempada seguinte