RCDeportivo Logo

Condicións Xerais de Uso da APP do RC DEPORTIVO

1. Titularidade e aceptación.

O Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D. (en diante, o “RC Deportivo” ou o “Club”), con domicilio social na Coruña, Praza de Pontevedra, 19-1, C.P. 15003, e CIF A-15023070, é titular da Aplicación oficial do RC Deportivo (en diante, a “Aplicación”, a “App” ou a “App RC Deportivo”), dispoñible nas tendas App Store e Google Play.

A descarga, instalación e uso da App supoñen a aceptación plena e sen reservas das presentes Condicións Xerais de Uso, así como de calquera outra política complementaria (Política de Privacidade, Política de Cookies, Regulamentos de servizos integrados, etc.), que estarán sempre dispoñibles dentro da App e no sitio web oficial do Club (www.rcdeportivo.es).

O RC Deportivo resérvase o dereito de modificar total ou parcialmente estas Condicións Xerais de Uso en calquera momento. As novas versións seranlle notificadas ao Usuario e estarán dispoñibles de forma permanente na propia App.

A descarga e o uso da App son gratuítos, sen prexuízo dos posibles custos derivados da conexión a Internet ou da tarifa de datos contratada co provedor de servizos do Usuario.

2. Propiedade intelectual e industrial.

A titularidade da App, o seu deseño, interface, software, código fonte e toda a tecnoloxía asociada (en diante, a «Tecnoloxía») corresponde ao RC Deportivo ou aos terceiros licenciantes que autorizan o seu uso.

O RC Deportivo outórgalle ao Usuario unha licenza de uso persoal, limitada, non exclusiva, revogable e intransferible, exclusivamente para a utilización da App en dispositivos compatibles, nos termos previstos nestas Condicións.

Todos os contidos presentes na App —incluíndo, con carácter enunciativo e non limitativo, logotipos, nomes comerciais, marcas, imaxes, textos, audiovisuais, deseños, códigos, bases de datos e demais elementos protexidos— están amparados polos dereitos de propiedade intelectual e industrial do RC Deportivo ou de terceiros que autorizasen o seu uso.

Queda expresamente prohibida calquera reprodución, distribución, comunicación pública, transformación ou utilización dos devanditos contidos sen autorización previa e por escrito do RC Deportivo.

No caso de que a App permita a carga de contidos por parte do Usuario (p. ex. imaxe de perfil, comentarios, información), este garante ser titular dos dereitos ou contar coas autorizacións necesarias. O Usuario será o único responsable do contido achegado e exime o Club de calquera responsabilidade derivada deste.

3. Funcionalidades e Servizos integrados.

A App RC Deportivo permite o acceso a distintos servizos dixitais ofrecidos polo Club, entre eles:

  1. Información institucional, deportiva e comercial do RC Deportivo.
  2. Acceso personalizado á zona de abonado.
  3. Comunicacións e notificacións oficiais.
  4. Servizos nativos integrados:

a) O Servizo moeDÉiro, que lle permite ao Usuario xestionar saldo electrónico dentro do ecosistema RC Deportivo, consonte os seus Termos e Condicións específicos.

b) O Servizo de Liberación de Asentos, mediante o cal o abonado pode liberar o seu asento en partidos determinados, conforme aos Termos e Condicións aplicables para tal efecto.

Ambos os Servizos están regulados nos seus Termos e Condicións específicos, incorporados como Anexos ao final do presente documento.

O uso de calquera destes servizos dentro da App implicará a aceptación expresa dos seus respectivos Termos e Condicións, ademais das presentes Condicións Xerais.

4. Exención de responsabilidade.

O uso da App e das súas funcionalidades realízase baixo a exclusiva responsabilidade do Usuario.

O RC Deportivo non garante a dispoñibilidade, continuidade nin infalibilidade do funcionamento da App e, na medida permitida pola lei, non responderá dos danos ou prexuízos que poidan derivarse de fallos técnicos, interrupcións do servizo, erros na transmisión de datos ou do uso indebido ou ilícito por parte do Usuario ou de terceiros.

Así mesmo, o Club non será responsable dos danos derivados da instalación da App en dispositivos non compatibles, de configuracións incorrectas ou do uso contrario ás presentes Condicións.

5. Obrigas do Usuario.

O Usuario comprométese a utilizar a App de forma dilixente, lícita e conforme á boa fe, absténdose de:

  • Utilizar a App ou os seus contidos con fins ilícitos ou contrarios á orde pública.
  • Introducir ou difundir virus, malware ou calquera programa destinado a danar a App ou os seus sistemas.
  • Intentar acceder sen autorización a datos, contas, servidores ou redes vinculadas á App.
  • Usurpar a identidade doutros usuarios ou falsificar información.
  • Subir contidos que vulneren dereitos de propiedade intelectual, imaxe, honra ou privacidade de terceiros.

O incumprimento destas obrigas poderá dar lugar á suspensión ou cancelación do acceso do Usuario, sen prexuízo das accións legais que correspondan.

  • 6. Protección de Datos Persoais.

O tratamento dos datos persoais do Usuario rexerase pola Política de Privacidade do RC Deportivo, dispoñible na App e no sitio web oficial

O RC Deportivo actuará como responsable do tratamento e garantirá a confidencialidade, integridade e seguridade dos datos conforme ao Regulamento (UE) 2016/679 (RXPD) e á Lei orgánica 3/2018 (LOPDGDD).

7. Seguridade e Suspensión do Servizo.

O RC Deportivo poderá, en calquera momento e por motivos de seguridade, restrinxir, suspender ou cancelar o acceso á App ou a determinadas funcionalidades, incluídos os servizos moeDÉiro e Liberación de Asento, cando existan indicios de uso fraudulento, incumprimento das condicións de uso ou risco para a integridade do sistema.

O Club informará ao Usuario, sempre que sexa posible, da suspensión ou limitación do acceso e das súas causas.

8. Modificacións.

O RC Deportivo resérvase o dereito de modificar, actualizar ou suprimir funcionalidades da App, así como de introducir cambios nos contidos ou servizos ofrecidos, sen necesidade de aviso previo, sempre que estas modificacións non afecten os dereitos básicos dos usuarios.

As actualizacións necesarias para manter a seguridade ou compatibilidade da App instalaranse conforme ás políticas de Apple e Google.

O Usuario comprométese a manter a App actualizada no seu dispositivo.

9. Lexislación aplicable e xurisdición.

As presentes Condicións Xerais de Uso rexeranse e interpretaranse conforme á lexislación española. Para a resolución de calquera controversia que puidese derivar da súa interpretación ou execución, as partes sométense á xurisdición dos Xulgados e Tribunais da Coruña, salvo que resulte aplicable outra xurisdición conforme á normativa de consumidores e usuarios.

10. Regulamentos específicos dos Servizos integrados.

De conformidade coas políticas de Apple App Store e Google Play, os servizos integrados da App RC Deportivo —moeDÉiro e Liberación de Localidades— contan coa súa propia regulación detallada, que forma parte integrante das presentes Condicións Xerais de Uso e se incorpora como Anexos I e II, respectivamente.

  • Anexo I.

Regulamento e/ou Termos e Condicións do Servizo moeDÉiro.

Regula a xestión, o uso e as condicións de uso do Servizo por parte do Usuario dentro do ecosistema RC Deportivo.

  • Anexo II.

Regulamento e/ou Termos e Condicións do Servizo de Liberación de Abonos.

Regula o procedemento, os prazos e as condicións da liberación voluntaria de asentos por parte da persoa abonada, así como a xeración e o uso dos importes derivados

A utilización de calquera destes servizos implica a aceptación expresa do seu regulamento e/ou dos termos e condicións correspondentes.

Termos e Condicións moeDÉiro

1. Condicións Xerais do Servizo moeDÉiro.

1.1. Identificación do Prestador do Servizo.

En cumprimento da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, identifícase a continuación o Prestador do Servizo, sendo a PÁXINA WEB – APP OFICIAL a través da cal se presta titularidade do Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D. (en diante, o “RC Deportivo”), con domicilio social na Praza de Pontevedra, 19-1, 15003 (A Coruña), provista de NIF A-15023070 e enderezo electrónico de contacto: [email protected].

1.2. Características Xerais do Servizo.

1.2.1. Descrición do Servizo moeDÉiro.

1.2.1.1. O RC Deportivo pon á disposición dos seus abonados, a través da PÁXINA WEB – APP OFICIAL RC DEPORTIVO (en diante, a “Plataforma”), o servizo denominado moeDÉiro (en diante, o “Servizo” ou “moeDÉiro”, indistintamente), exclusivo para usuarios que conten cun abono vixente (en diante, os “Usuarios”).

Mediante este Servizo, os Usuarios poderán utilizar o seu respectivo abono de tempada como medio oficial de pagamento en distintos puntos do ecosistema RC Deportivo (ou que estean asociados oficialmente a este), a través de calquera das seguintes modalidades:

  1. Canxeando un saldo virtual cargado previamente por parte do RC Deportivo;
  2. ou, de ser o caso, mediante un cargo directo nunha tarxeta de débito e/ou crédito da titularidade do Usuario, previamente vinculada por este ao seu abono de temporada.

A utilización do Servizo, en calquera das súas modalidades, queda suxeita aos Termos e Condicións recollidos no presente documento.

1.2.1.2. O acceso e uso de moeDÉiro está limitado exclusivamente a Usuarios que teñan a condición de abonados do RC Deportivo durante a tempada deportiva en curso, quen, mediante o Servizo, poderán utilizar o seu carné de abonado (en formato físico ou dixital) para realizar transaccións de compra de produtos e/ou contratación doutros servizos dentro do ecosistema RC Deportivo e/ou de terceiros oficiais adheridos.

1.2.1.3. MoeDÉiro enmárcase como un servizo adicional que o RC Deportivo ofrece discrecionalmente e sen custo aos seus abonados, sen que este teña a condición de prestación esencial con motivo da adquisición do abono de temporada.

En consecuencia, de acordo co anterior, o RC Deportivo resérvase o dereito de activar ou non o Servizo durante a tempada deportiva, así como o dereito de desactivalo ou de desactivar calquera das súas funcionalidades previamente habilitadas ao longo desta, sen que o Usuario poida reclamar nada ao respecto.

Así mesmo, para efectos aclaratorios, especifícase que o saldo dispoñible en moeDÉiro non está incluído no prezo do abono e deberá ser cargado previamente polo RC Deportivo de acordo cos Termos e Condicións aquí previstos.

1.2.2. Aceptación dos Termos e Condicións do Servizo.

1.2.2.1. Os Usuarios, polo mero feito de utilizaren o Servizo, aceptan expresamente, sen reserva ningunha, os presentes Termos e Condicións, así como calquera outro específico que o regule, e mais as normas e/ou políticas que en cada momento aprobe e publique o RC Deportivo ao respecto.

O RC Deportivo resérvase en todo momento o dereito a modificar, por calquera forma admisible en Dereito, os presentes Termos e Condicións, de acordo co establecido na presente cláusula.

Así mesmo, o RC Deportivo resérvase o dereito a modificar de maneira inmediata os presentes Termos e Condicións, así como a alterar, modificar e/ou suprimir o funcionamento do Servizo e/ou calquera das súas funcionalidades, cando concorra calquera das seguintes circunstancias:

  1. Cando resulte necesario por esixencias legais e/ou en termos de seguridade;

  1. Cando resulte de calquera variación, modificación, alteración e/ou axuste técnico e/ou operativo na PÁXINA WEB – APP OFICIAL e/ou da/s ferramenta/s utilizada/s para prestar o Servizo;

  1. Por causa de forza maior ou circunstancias alleas ao control do RC Deportivo;

  1. En calquera momento, incluído o período que abrangue o desenvolvemento da temporada deportiva, sempre que non prexudique os dereitos dos Usuarios do Servizo;

1.2.2.2. O RC Deportivo resérvase o dereito a alterar, modificar e/ou suprimir o acceso e/ou a utilización do Servizo, con carácter individual, desde o momento en que se detecte calquera infracción dos presentes Termos e Condicións por parte do Usuario e/ou respecto daquelas que regulen o uso do Servizo e/ou de calquera das normas internas que fosen aprobadas polo RC Deportivo.

1.2.2.3. Así mesmo, o RC Deportivo resérvase a facultade de activar ou desactivar o Servizo, total ou parcialmente, durante a tempada deportiva, así como de modificar ou suspender temporalmente determinadas funcionalidades, informando diso ao Usuario na medida do posible. En ningún caso a devandita decisión xerará dereito a compensación ou reclamación, sen prexuízo dos dereitos recoñecidos ao Usuario pola normativa vixente.

1.2.2.4. En consecuencia, de conformidade con todo o anterior, os Usuarios, polo mero feito de utilizaren o Servizo, aceptan expresamente o criterio e a competencia do RC Deportivo para resolver calquera cuestión derivada das situacións anteriormente mencionadas.

2. Condicións Particulares do Servizo moeDÉiro.

2.1. Usuarios

2.1.1. Requisitos para ser Usuario do Servizo.

2.1.1.1. O acceso e a utilización do Servizo están limitados exclusivamente a aquelas persoas que teñan a condición de abonadas do RC Deportivo durante a tempada deportiva en curso.

2.1.1.2. Adicionalmente, o acceso e a utilización do Servizo requirirán que o abonado sexa maior de catorce (14) anos. Para tal efecto, a aceptación dos presentes Termos e Condicións entenderase como unha manifestación expresa de que cumpre o devandito requisito de idade mínima, así como de que dispón de plena capacidade legal para contratar e vincularse conforme á normativa aplicable.

Así mesmo, o RC Deportivo resérvase o dereito de verificar en calquera momento a idade, identidade e condición de abonado dos Usuarios. Para tal efecto, poderá requirir a achega de documentación acreditativa suficiente, incluíndo, entre outros, unha copia do Documento Nacional de Identidade ou documento oficial equivalente.

En caso de negativa ou falta de resposta por parte do abonado aos requirimentos de verificación formulados polo RC Deportivo, este estará facultado para suspender ou bloquear o acceso ao Servizo.

2.1.2. Xestión da alta dos Usuarios.

O proceso de alta dos Usuarios configúrase como requisito indispensable para a activación das funcionalidades vinculadas ao Servizo.

  1. Usuarios con carné físico. No suposto de abonados titulares dun carné físico que non sexan usuarios da APP OFICIAL DO RC DEPORTIVO, o rexistro deberá efectuarse a través do enderezo electrónico . Para tal efecto, os Usuarios deberán cubrir o formulario de alta habilitado, incorporando de forma veraz e completa os datos identificativos solicitados, que inclúen:

  1. nome e apelidos;
  2. documento nacional de identidade;
  3. enderezo de correo electrónico;
  4. número de abonado;
  5. e un contrasinal persoal de acceso.

Finalizado este proceso, o abonado deberá asociar unha tarxeta bancaria válida a través do apartado correspondente da Plataforma, co fin de autorizar os cargos derivados das operacións de pagamento realizadas mediante o seu carné no ecosistema do RC Deportivo.

  1. Usuarios con carné dixital. Os abonados que dispoñan de carné dixital e usuario activo na APP OFICIAL DO RC DEPORTIVO deberán xestionar a alta directamente desde ela, onde a Plataforma está dispoñible de forma nativa. O abonado deberá cubrir o formulario de inscrición no Servizo e proceder, do mesmo xeito, á vinculación da súa tarxeta bancaria na sección correspondente, habilitando así o uso do carné dixital como medio de pagamento no ecosistema do RC Deportivo.

2.1.3. Vinculación de tarxeta bancaria.

Durante o proceso de vinculación da tarxeta, executarase unha operación de verificación por un importe de cero euros (0,00 €), cuxa finalidade será comprobar a validez do medio de pagamento e a súa correcta asociación á conta do abonado.

A devandita operación poderá requirir, conforme á normativa vixente en materia de servizos de pagamento, a utilización dun segundo factor de autenticación (SCA) esixido pola entidade emisora da tarxeta.

Os datos financeiros facilitados polo Usuario son tratados mediante unha pasarela de pagamento segura, aplicando protocolos de cifrado e medidas reforzadas de protección conforme aos estándares internacionais de seguridade PCI DSS.

O RC Deportivo e/ou a Plataforma non almacenarán os datos completos da tarxeta bancaria, limitándose o seu tratamento aos fins estritamente necesarios para a validación e execución das transaccións autorizadas polo Usuario.

O Usuario comprométese a manter actualizados os seus datos de rexistro e a custodiar de forma dilixente as credenciais de acceso á súa conta, sendo o único responsable das operacións que se realicen mediante o seu carné ou a aplicación asociada.

2.1.4. Verificación da identidade e prevención da fraude nas transaccións.

2.1.4.1. Verificación da identidade e prevención da fraude. Co fin de garantir a seguridade na utilización do Servizo e o cumprimento da normativa vixente en materia de identificación de usuarios e prevención da fraude, o RC Deportivo poderá efectuar en calquera momento os procedementos de verificación e validación da identidade que considere oportunos respecto dos usuarios rexistrados no Servizo.

A devandita verificación poderá realizarse tanto no momento do rexistro inicial como de forma periódica ou puntual, e comprenderá a solicitude de documentación acreditativa, como unha copia do Documento Nacional de Identidade, pasaporte ou documento oficial equivalente, así como calquera outra información necesaria para confirmar a identidade, a idade e a condición de abonado do usuario.

O RC Deportivo poderá igualmente realizar verificacións automáticas a través dos seus sistemas internos ou de provedores tecnolóxicos de confianza, destinadas a contrastar os datos achegados coas bases de datos oficiais do propio RC Deportivo e, de ser o caso, coas de entidades colaboradoras autorizadas, todo iso con estrito respecto á normativa aplicable en materia de protección de datos persoais.

No caso de se detectaren inconsistencias, irregularidades ou indicios de uso fraudulento do Servizo, o RC Deportivo resérvase o dereito de suspender temporalmente o acceso do usuario, requirir información adicional ou documentación complementaria e, de ser o caso, proceder á cancelación definitiva da conta e/ou dos medios de pagamento vinculados.

A falta de colaboración ou a negativa inxustificada do usuario a facilitar a documentación ou información solicitada poderá dar lugar á inhabilitación inmediata da súa conta, sen que iso xere dereito ningún a compensación ou reembolso dos saldos virtuais ou transaccións pendentes.

O RC Deportivo adopta medidas técnicas e organizativas axeitadas para garantir a integridade e confidencialidade dos datos empregados durante os procesos de verificación, conforme ao disposto na lexislación vixente en materia de protección de datos e servizos da sociedade da información.

2.1.4.2. Responsabilidade na custodia, conservación e correcto uso do carné de abonado como método de pagamento. O RC Deportivo non asumirá responsabilidade ningunha polos danos, prexuízos ou perdas que puidesen derivar do uso fraudulento, indebido ou non autorizado do carné de abonado, xa sexa en formato físico ou dixital, nin da tarxeta bancaria ou medio de pagamento vinculado á conta do Usuario dentro do Servizo moeDÉiro. En consecuencia, o Usuario será o único responsable da custodia, conservación e correcto uso do seu carné, credenciais de acceso e dispositivos electrónicos asociados, comprometéndose a adoptar as medidas necesarias para evitar a súa perda, subtracción, duplicación ou acceso indebido por parte de terceiros.

En caso de roubo, extravío, clonación, acceso non autorizado ou sospeita fundada de fraude, o Usuario deberá comunicalo de forma inmediata e fidedigna ao Club a través das canles habilitadas para tal efecto, así como á entidade emisora da súa tarxeta bancaria, co fin de que se adopten as medidas oportunas.

O RC Deportivo non responderá, en ningún caso, dos cargos, transaccións ou movementos efectuados con anterioridade á recepción e validación da comunicación da incidencia, nin dos prexuízos económicos ou materiais que puidesen derivarse das devanditas operacións.

Así mesmo, o RC Deportivo non será responsable dos posibles danos ocasionados como consecuencia de actos de terceiros, erros ou neglixencias do Usuario na xestión das súas credenciais ou medios de pagamento, nin de incidentes de seguridade derivados da utilización de dispositivos electrónicos comprometidos, redes non seguras ou software malicioso alleo ao control do RC Deportivo.

Sen prexuízo do anterior, o RC Deportivo poderá, ao seu exclusivo criterio e sen asumir obriga ningunha, adoptar medidas preventivas ou correctoras destinadas a bloquear temporalmente o acceso, desactivar o carné de abonado ou suspender a conta do Usuario afectado ata a completa verificación dos feitos comunicados.

2.2. Saldo moeDÉiro.

2.2.1. Natureza do Saldo.

2.2.1.1. O Servizo permitirá aos Usuarios dispoñer dun saldo virtual asociado ao seu carné de abonado (en diante, o «Saldo»), que poderá ser utilizado dentro do ecosistema do RC Deportivo, nos servizos propios e/ou nos servizos de terceiros colaboradores oficialmente adheridos.

2.2.1.2. O Saldo terá carácter persoal e intransferible e deberá utilizarse nos termos e prazos establecidos polo RC Deportivo para cada promoción ou acción específica, podendo estar suxeito a condicións adicionais ou restricións de uso que serán debidamente publicadas ou notificadas ao Usuario e, en todo caso, con anterioridade ao inicio da seguinte tempada deportiva.

Así mesmo, o Saldo non constitúe en ningún caso un depósito bancario, nin xera xuros nin dereitos de reembolso en efectivo, e está destinado unicamente ao consumo dentro das canles autorizadas polo RC Deportivo.

Polo tanto, o Saldo non poderá trocarse por diñeiro en efectivo nin transferirse a outros Usuarios.

2.2.1.4. No caso de que o Usuario dispoña de Saldo e, adicionalmente, dunha tarxeta bancaria vinculada ao seu carné de abonado, poderá seleccionar previamente, nos axustes da súa conta moeDÉiro, se os cargos se efectuarán con cargo ao Saldo ou directamente á tarxeta vinculada. Se o Usuario non establece unha preferencia distinta, os cargos realizaranse por defecto sobre o Saldo dispoñible.

2.2.2. Xeración de Saldo.

2.2.2.1. O Saldo será xerado automaticamente polo RC Deportivo cando o Usuario cumpra os requisitos, condicións ou fitos determinados en cada caso.

En particular, con carácter meramente enunciativo, o Saldo poderá orixinarse, entre outros supostos, atendendo ás seguintes circunstancias:

  1. O consumo efectuado nos puntos de venda e/ou establecementos do Estadio ABANCA-RIAZOR ou noutros espazos oficiais do RC Deportivo, mediante a atribución dunha porcentaxe do importe total aboado pola compra;

  1. A liberación de asentos por parte do Usuario, de conformidade co cumprimento dos Termos e Condicións que regulan a devandita liberación, de tal xeito que, nese suposto, o RC Deportivo aboará, a través do Servizo, o cincuenta por cento (50 %) do importe neto obtido pola venda efectiva do asento;

  1. A participación en concursos, sorteos ou promocións exclusivas organizadas polo RC Deportivo ou por terceiros colaboradores;

  1. A obtención de recompensas, agasallos ou incentivos concedidos directamente polo RC Deportivo con motivo de campañas, sorteos, promocións, fitos ou eventos específicos.

En todo caso, a acumulación de Saldo poderá estar suxeita a condicións particulares segundo o servizo ou actividade da que derive, as cales serán debidamente comunicadas ao Usuario, xa sexa a través da APP OFICIAL DEL RC DEPORTIVO, da Plataforma, nos termos e condicións de eventuais Promocións, do correo electrónico ou doutros medios equivalentes.

En consecuencia, a alta e utilización do Servizo implica a autorización expresa do Usuario para a Xeración de Saldo ao seu favor por parte do RC Deportivo no suposto de que se cumpran as referidas condicións.

Así mesmo, no caso da Xeración de Saldo derivada de campañas, promocións ou accións comerciais xestionadas conxuntamente con terceiros, para as que o usuario autorice expresamente a cesión dos seus datos persoais estritamente necesarios para a súa correcta xestión e execución a través de moeDÉiro, informarase en cada acción concreta das bases legais aplicables e das condicións específicas de tratamento, de conformidade co disposto na normativa vixente en materia de protección de datos e na Política de Privacidade aplicable.

2.2.3. Dispoñibilidade de saldo.

2.2.3.1. O Saldo que se xerase será visible para o Usuario no seu moeDÉiro persoal, para a súa utilización dentro do ecosistema do RC Deportivo e/ou en establecementos ou servizos de terceiros oficialmente adheridos ao Servizo.

Non obstante o anterior, o uso efectivo do Saldo poderá estar condicionado ao cumprimento de determinados requisitos ou condicións específicas, tales como importes mínimos de consumo, categorías de produto ou limitacións asociadas a campañas ou servizos concretos. Estas condicións particulares serán establecidas polo RC Deportivo en función do tipo de servizo, promoción ou acción comercial, e poranse á disposición do Usuario de maneira clara e accesible na canle ou contorno dixital correspondente antes de realizar a transacción.

Isto é, unha vez que se cumpran as referidas condicións particulares, o Usuario poderá facer uso efectivo do Saldo para realizar e/ou complementar transaccións e/ou contratacións dentro do ecosistema RC Deportivo e/ou en establecementos e/ou servizos de terceiros adheridos (en diante, «Saldo Dispoñible»).

2.2.3.2. En consecuencia, o Usuario recoñece e acepta que a dispoñibilidade, contía e condicións de uso do Saldo poderán variar en función do servizo ou establecemento no que pretenda aplicalo, sendo responsabilidade do Usuario consultar previamente as condicións vixentes en cada caso.

O Saldo unicamente poderá aplicarse en operacións validamente rexistradas dentro do sistema moeDÉiro e nos termos expresamente autorizados polo RC Deportivo.

2.2.3.3. Así mesmo, o Usuario recoñece e acepta que o Saldo que se xerase ao seu favor será acumulativo e poderá ser utilizado durante a tempada deportiva en curso ou aplicarse como desconto sobre a renovación do seu abono de tempada para a tempada deportiva inmediatamente seguinte, de conformidade co disposto nos presentes Termos e Condicións.

O anterior quedará, en todo caso, condicionado a que o Usuario renove a súa condición de abonado para a seguinte tempada deportiva.

No caso de que o Usuario non consumise a totalidade do Saldo dispoñible ao remate da tempada deportiva e non proceda a renovar a súa condición de abonado para a tempada seguinte, perderá automaticamente o acceso ao Servizo e, en consecuencia, a todas as funcionalidades, servizos e/ou beneficios asociados, procedéndose á eliminación inmediata do Saldo pendente do seu moeDÉiro.

O devandito importe terá a consideración de «Saldo Perdido» ou «Saldo Caducado», sen que o Usuario poida formular reclamación ningunha fronte ao RC Deportivo por este concepto.

2.2.3. Establecementos e Servizos de aplicación para o Saldo Dispoñible.

2.2.3.1. O Saldo xerado a través do Servizo moeDÉiro poderá utilizarse, na medida en que cada funcionalidade estea operativa, nos seguintes espazos, servizos e establecementos vinculados ao RC Deportivo ou aos seus colaboradores oficiais:

  1. Adquisición de Entradas: o Saldo poderá aplicarse parcial ou totalmente como medio de pagamento de entradas para os eventos deportivos organizados polo RC Deportivo, suxeito aos límites ou condicións que o RC Deportivo determine en cada período ou evento.

  1. Produtos na DéporTienda: o Usuario poderá utilizar o Saldo para adquirir produtos oficiais do RC Deportivo na DéporTienda, de acordo coas condicións que se publiquen en cada momento e tendo en conta o patrocinador técnico da tempada deportiva.

  1. Servizos de restauración: consumo en barras e puntos de restauración do Estadio ABANCA-RIAZOR durante os eventos deportivos organizados polo RC Deportivo.

  1. Experiencias Premium e Zonas VIP (Zona 1906 e servizos equivalentes): o Usuario poderá aplicar o Saldo para acceder a experiencias ou servizos exclusivos, sempre que cumpra os requisitos e condicións definidos para cada modalidade.

  1. Museo RC Deportivo: adquisición de entradas ou produtos ofrecidos na tenda oficial do Museo RC Deportivo, conforme as condicións específicas que se establezan ao habilitarse a funcionalidade.

  1. Locais ou establecementos adheridos: o Saldo poderá utilizarse en locais ou establecementos de terceiros adheridos, quedando supeditado á existencia dun acordo comercial vixente entre o RC Deportivo e o establecemento e/ou servizo correspondente, así como ás condicións particulares de aceptación e consumo aplicables a cada un deles.

2.2.3.2. Así mesmo, o Saldo xerado polo Usuario poderá ser imputado, en concepto de desconto, ao prezo de renovación do seu abono de temporada para a temporada seguinte, co límite máximo do cincuenta por cento (50 %) do Prezo de Venda ao Público (PVP) fixado para o referido abono.

2.2.3.3. O RC Deportivo resérvase o dereito de ampliar, modificar ou suprimir calquera das funcionalidades e/ou servizos e/ou establecementos nos que resulte aplicable o Saldo, así como de actualizar as condicións de aplicación en cada establecemento ou servizo, garantindo en todo caso a adecuada comunicación das devanditas modificacións aos Usuarios a través da APP OFICIAL DO RC DEPORTIVO, a Plataforma e/ou calquera outro medio electrónico equivalente.

2.2.4. Incidencias no Servizo e/ou Plataforma

O RC Deportivo pon á disposición de todos os Usuarios de moeDÉiro un Servizo de Atención ao Cliente destinado á xestión de incidencias, consultas, reclamacións e/ou calquera solicitude relativa ao funcionamento do Servizo e/ou ás funcionalidades asociadas a este.

O Usuario poderá contactar co equipo de soporte a través do seguinte enderezo de correo electrónico: [email protected], e deberá proporcionar toda a información necesaria para identificar a súa conta e describir de maneira precisa a incidencia. O RC Deportivo comprométese a tratar toda a información recibida con estrita confidencialidade, adoptando as medidas técnicas e organizativas necesarias para protexer os datos persoais do usuario conforme á normativa aplicable en materia de protección de datos.

O RC Deportivo disporá dun prazo razoable para atender e resolver as incidencias notificadas polos Usuarios, entendéndose que este prazo poderá variar en función da complexidade da incidencia, da necesidade de coordinación con terceiros colaboradores ou provedores e da dispoñibilidade de recursos técnicos e operativos do RC Deportivo.

Non obstante o anterior, o RC Deportivo non atenderá incidencias e/ou solicitudes que non estean estritamente relacionadas co funcionamento do Servizo e/ou da Plataforma. En consecuencia, non se atenderán consultas, incidencias e/ou solicitudes relativas e/ou derivadas de terceiros adheridos, sempre que estas non estean directamente relacionadas co funcionamento e/ou cunha eventual incidencia técnica do Servizo.

Así mesmo, o Usuario recoñece que, en determinados casos, a resolución de incidencias técnicas ou a atención de solicitudes poderá requirir a interrupción temporal ou a limitación parcial do Servizo, sen que iso xere responsabilidade ningunha para o RC Deportivo nin dereito a compensación económica ou indemnización.

Termos e Condicións Liberación de Asento

Aviso Legal – APP RC Deportivo

1.2. Características Xerais do Servizo.

1.2.1. Descrición do Servizo Liberación de Asento.

1.2.1.1. O RC Deportivo pon á disposición dos seus abonados, a través da PÁXINA WEB – APP OFICIAL RC DEPORTIVO (en diante, a “Plataforma”), o servizo denominado Liberación de Asento (en diante, o “Servizo” ou “Liberación de Asento”, indistintamente), exclusivo para usuarios que conten cun abono vixente (en diante, os “Usuarios”).

Mediante o presente Servizo, os Usuarios que non puidesen asistir a un encontro determinado durante o desenvolvemento da tempada deportiva poderán, de forma voluntaria, liberar a súa localidade correspondente ao devandito encontro, co fin de que o RC Deportivo poida dispoñer dela e poñela á venda para a súa adquisición por parte dun terceiro.

Como contraprestación pola devandita cesión temporal de uso, o RC Deportivo xerará a favor do Usuario un importe variable, determinado en función dunha porcentaxe do prezo de venda efectivo polo que a localidade fose finalmente alleada polo RC Deportivo.

O devandito importe considerarase Saldo xerado por Liberación de Asentos atendendo aos seguintes criterios e, en todo caso, conforme ao disposto nos presentes Termos e Condicións:

1. Condicións Xerais do Servizo de Liberación de Asento.

1.1. Identificación do Prestador do Servizo.

En cumprimento da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, identifícase a continuación o Prestador do Servizo, sendo a PÁXINA WEB – APP OFICIAL a través da cal se presta titularidade do Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D. (en diante, o “RC Deportivo”), con domicilio social na Praza de Pontevedra, 19-1, 15003 (A Coruña), provista de NIF A-15023070 e enderezo electrónico de contacto: [email protected].

1.2. Características Xerais do Servizo.

1.2.1. Descrición do Servizo Liberación de Asento.

1.2.1.1. O RC Deportivo pon á disposición dos seus abonados, a través da PÁXINA WEB – APP OFICIAL RC DEPORTIVO (en diante, a “Plataforma”), o servizo denominado Liberación de Asento (en diante, o “Servizo” ou “Liberación de Asento”, indistintamente), exclusivo para usuarios que conten cun abono vixente (en diante, os “Usuarios”).

Mediante o presente Servizo, os Usuarios que non puidesen asistir a un encontro determinado durante o desenvolvemento da tempada deportiva poderán, de forma voluntaria, liberar a súa localidade correspondente ao devandito encontro, co fin de que o RC Deportivo poida dispoñer dela e poñela á venda para a súa adquisición por parte dun terceiro.

Como contraprestación pola devandita cesión temporal de uso, o RC Deportivo xerará a favor do Usuario un importe variable, determinado en función dunha porcentaxe do prezo de venda efectivo polo que a localidade fose finalmente alleada polo RC Deportivo.

O devandito importe considerarase Saldo xerado por Liberación de Asentos atendendo aos seguintes criterios e, en todo caso, conforme ao disposto nos presentes Termos e Condicións:

  1. No caso de que o Usuario activase o servizo moeDÉiro, o importe que se xere como consecuencia da Liberación de Asentos será aboado automaticamente polo RC Deportivo no moeDÉiro persoal do Usuario.

O devandito importe pasará a formar parte do Saldo dispoñible no referido moeDÉiro e poderá ser utilizado polo Usuario para realizar transaccións dentro do ecosistema RC Deportivo, conforme ao previsto nos Termos e Condicións do Servizo moeDÉiro.

Entre os posibles usos do Saldo, o Usuario poderá aplicalo, total ou parcialmente, como desconto sobre o Prezo de Venda ao Público (PVP) do abono correspondente á seguinte tempada deportiva, de acordo cos límites e condicións establecidos nos Termos e Condicións do servizo moeDÉiro.

  1. No caso de que o Usuario non activase o servizo moeDÉiro, o importe xerado pola Liberación de Asentos poderá utilizarse exclusivamente como desconto sobre o PVP do abono da tempada seguinte, cun límite máximo do cincuenta por cento (50 %) do prezo de venda asignado ao devandito abono para esa tempada.

Transcorrido o prazo de renovación sen que o Usuario formalice a adquisición do abono para a seguinte tempada, o importe xerado quedará sen efecto, sen que o Usuario teña dereito a reclamación ou compensación ningunha fronte ao RC Deportivo.

1.2.2. Aceptación dos Termos e Condicións do Servizo.

1.2.2.1. Os Usuarios, polo mero feito de utilizaren o Servizo, aceptan expresamente, sen reserva ningunha, os presentes Termos e Condicións, así como calquera outro específico que o regule, e mais as normas e/ou políticas que en cada momento aprobe e publique o RC Deportivo ao respecto.

O RC Deportivo resérvase en todo momento o dereito a modificar, por calquera forma admisible en Dereito, os presentes Termos e Condicións, de acordo co establecido na presente cláusula.

Así mesmo, o RC Deportivo resérvase o dereito a modificar de maneira inmediata os presentes Termos e Condicións, así como a alterar, modificar e/ou suprimir o funcionamento do Servizo e/ou calquera das súas funcionalidades, cando concorra algunha das seguintes circunstancias:

  1. Cando resulte necesario por esixencias legais e/ou en termos de seguridade;

  1. Cando resulte de calquera variación, modificación, alteración e/ou axuste técnico e/ou operativo na PÁXINA WEB – APP OFICIAL e/ou da/s ferramenta/s utilizada/s para prestar o Servizo;

  1. Por causa de forza maior ou circunstancias alleas ao control do RC Deportivo;

  1. En calquera momento, incluído o período que abrangue o desenvolvemento da temporada deportiva, sempre que non prexudique os dereitos dos Usuarios do Servizo;
  1. 1.2.2.2. O RC Deportivo resérvase o dereito a alterar, modificar e/ou suprimir o acceso e/ou a utilización do Servizo, con carácter individual, desde o momento en que se detecte calquera infracción dos presentes Termos e Condicións por parte do Usuario e/ou respecto daquelas que regulen o uso do Servizo e/ou de calquera das normas internas que fosen aprobadas polo RC Deportivo.

1.2.2.3. Así mesmo, o RC Deportivo resérvase a facultade de activar ou desactivar o Servizo, total ou parcialmente, durante a tempada deportiva, así como de modificar ou suspender temporalmente determinadas funcionalidades, informando diso ao Usuario na medida do posible. En ningún caso a devandita decisión xerará dereito a compensación ou reclamación, sen prexuízo dos dereitos recoñecidos ao Usuario pola normativa vixente.

1.2.2.4. En consecuencia, de conformidade con todo o anterior, os Usuarios, polo mero feito de utilizaren o Servizo, aceptan expresamente o criterio e a competencia do RC Deportivo para resolver calquera cuestión derivada das situacións anteriormente mencionadas.

2. Condicións Particulares do Servizo de Liberación de Asento.

2.1. Usuarios

2.1.1. Requisitos para ser Usuario do Servizo.

2.1.1.1. O acceso e a utilización do Servizo están limitados exclusivamente a aquelas persoas que teñan a condición de abonadas do RC Deportivo durante a tempada deportiva en curso.

2.1.1.2. Adicionalmente, o acceso e utilización do Servizo requirirá que o abonado sexa maior de dezaoito (18) anos. Para tal efecto, a aceptación dos presentes Termos e Condicións entenderase como unha manifestación expresa de que reúne o devandito requisito de maioría de idade, así como de que dispón de plena capacidade legal para contratar e vincularse conforme á normativa aplicable.

Así mesmo, o RC Deportivo resérvase o dereito de verificar en calquera momento a idade, identidade e condición de abonado dos Usuarios. Para tal efecto, poderá requirir a achega de documentación acreditativa suficiente, incluíndo, entre outros, unha copia do Documento Nacional de Identidade ou documento oficial equivalente.

En caso de negativa ou falta de resposta por parte do abonado aos requirimentos de verificación formulados polo RC Deportivo, este estará facultado para suspender ou bloquear o acceso ao Servizo.

2.2. Procedemento para efectuar a Liberación de Asento

2.2.1. Acceso e solicitude de liberación.

O Usuario poderá liberar a súa localidade a través da Plataforma habilitada polo RC Deportivo para tal fin. Unha vez que acceda á Plataforma, deberá seleccionar o encontro correspondente e premer a opción «Liberar o meu asento neste partido».

A Plataforma mostrará unha mensaxe de confirmación da liberación e, desde ese momento, o carné de abonado—tanto no seu formato físico como dixital— quedará anulado para o acceso ao encontro en cuestión no Estadio ABANCA-RIAZOR.

2.2.2. Prazo para a liberación.

A liberación de localidades poderá realizarse desde a comunicación do RC Deportivo na que se anuncie a apertura do Servizo para un determinado encontro e, en todo caso, ata corenta e oito horas (48h) antes da celebración do encontro.

Non obstante, o RC Deportivo resérvase o dereito de modificar o devandito prazo co fin de adaptalo aos horarios oficiais ou ás eventuais modificacións fixadas polas autoridades competentes e/ou pola organización da competición.

2.2.3. Recuperación da localidade liberada.

O Usuario poderá revogar a liberación e recuperar o uso da súa localidade sempre que esta non fose vendida polo RC Deportivo a un terceiro. A devandita recuperación deberá efectuarse a través da mesma plataforma de liberación ata vinte e catro horas (24h) antes do inicio do encontro, agás que o Club determine un prazo distinto atendendo a circunstancias operativas ou de calendario.

2.2.4. Dispoñibilidade do Servizo.

A dispoñibilidade do Servizo estará en todo momento suxeita aos criterios que o RC Deportivo considere oportunos, podendo o RC Deportivo habilitar ou deshabilitar o Servizo total ou parcialmente para un ou varios encontros. Esta decisión poderá adoptarse por razóns comerciais, organizativas ou de seguridade, así como para garantir o cumprimento da normativa aplicable ou das directrices establecidas polas autoridades competentes ou pola organización da competición.

Nestes casos, o Usuario non terá dereito a compensación, devolución ou reclamación ningunha fronte ao RC Deportivo pola falta de dispoñibilidade ou a desactivación temporal do Servizo.

Non obstante, o RC Deportivo comunicará a través das súas canles oficiais (web, aplicación móbil ou comunicacións directas ás persoas abonadas) os encontros nos que estea activado o Servizo, así como calquera modificación relevante no seu funcionamento ou dispoñibilidade.

2.3. Método de Compensación pola Liberación de Asento.

2.3.1. Determinación do importe.

No caso de que o Usuario libere a súa localidade a favor do RC Deportivo e sempre que esta sexa finalmente vendida a un terceiro, os ingresos obtidos pola devandita venda distribuiranse entre o RC Deportivo e o Usuario nunha proporción do cincuenta por cento (50 %) para cada Parte.

O importe correspondente á persoa abonada calcularase sobre o prezo efectivo de venda da localidade —é dicir, o prezo final aboado polo terceiro adquirente— e non sobre o prezo de referencia do sector ou zona do Estadio.

2.3.2. Aplicación do importe xerado.

O cincuenta por cento (50 %) do importe así xerado a favor da persoa abonada poderá destinarse:2.2.4. Dispoñibilidade do Servizo.

  1. Se o Usuario ten activado o servizo moeDÉiro, ingresarase automaticamente no seu moeDÉiro persoal e utilizarase conforme ás condicións establecidas no devandito Servizo; ou

  1. Se o Usuario non ten activado o servizo moeDÉiro, aplicarase exclusivamente como desconto sobre o Prezo de Venda ao Público (PVP) do abono correspondente á seguinte tempada deportiva, co límite máximo do cincuenta por cento (50 %) do valor do devandito abono.

2.3.3. Promocións e prezos especiais.

No suposto de que o RC Deportivo habilite promocións, descontos ou tarifas especiais para a venda de entradas correspondentes a partidos con servizo de liberación, o importe que percibirá a persoa abonada calcularase sempre sobre o prezo promocional efectivamente aplicado na venda, e non sobre o prezo ordinario do sector.

2.3.4. Custos e impostos.

O RC Deportivo asumirá integramente os custos de xestión do Servizo, así como a totalidade dos impostos devindicados pola venda da localidade, que se deducirán da parte correspondente ao RC Deportivo, sen repercusión ningunha sobre o importe que lle corresponda ao Usuario.

2.3.5. Límite máximo de compensación.

A suma total das compensacións xeradas polo Servizo durante unha mesma tempada non poderá, en ningún caso, superar o cincuenta por cento (50 %) do importe aboado polo Usuario en concepto de abono da tempada seguinte