RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Balonmán

Image

UNHA TEMPORADA, UN SUBCAMPIONATO

Unha soa temporada de vida ten o equipo deportivista desta especialidade, por entón aínda en cueiros a nivel nacional. O Campionato de España nace menos dunha década antes, en 1951, e a liga de División de Honra, en 1958.

O grupo de xogadores que forman o equipo do Orzán SD, campión provincial na campaña 1959-1960, perde o apoio do club aurinegro e chama ás portas do RC Deportivo. A proposta gusta na entidade branquiazul, que acolle a estrutura para a Temporada 1960-1961.

O equipo deportivista fórmano os seguintes catorce xogadores: Jesús Babío e Javier Fonte (porteiros), Luis Bejerano, o polivalente Fernando Bremón, Manuel Estévez Mengotti, José Franco, Manuel Gila, Ernesto Lois, o peruano Raúl Víctor López Wiesse ‘Vitolo’, Vicente Martín, Ángel Saavedra, Francisco Sánchez Novoa 'Pacucho', Eduardo Vaquero e Emilio Vila.

O conxunto participa no campionato provincial da Temporada 1960-1961, no que alcanza o subcampionato tras perder no último partido, no encontro celebrado o 20 de marzo de 1961 na Praza de María Pita, fronte a outro equipo coruñés, o Marineda, por 18-9.