Mascotas Deportivistas
Desde a Temporada 2021-2022 o RC Deportivo dispón dunha nova modalidade de asociación co Club a través das Mascotas Deportivistas. Deste xeito os animais que son un membro máis das familias Deportivistas tamén poden selo da masa social branquiazul.
Cun prezo de 25 euros, o carné, coa foto incluída, outórgalle á Mascota Deportivista o seu propio número de socia.
Ademais, con este abono, a Mascota Deportivista ten descontos e vantaxes en distintos servizos do sector: "establecemento para Mascotas Deportivistas" e que se irán anunciando tanto nesta páxina como persoalmente por correo electrónico ao contacto existente na ficha de socia.
ESTABLECEMENTOS PARA MASCOTAS DEPORTIVISTAS
MIVET - CLÍNICA VETERINARIA LÚA
Rúa Parque, 12 Baixo, 15002 A Coruña | 981145192
10 % de desconto en servizos veterinarios.
MIVET - CLÍNICA VETERINARIA DEL SOL | 981111355
Av. Habana, 22, 15011 A Coruña, A Coruña
10 % de desconto en servizos veterinarios.
MIVET – HOSPITAL VETERINARIO ATLÁNTICO 24H | 365 DÍAS
Rúa Zaragoza, 1, 15140 Arteixo, A Coruña | 881081991
10 % de desconto en servizos veterinarios ordinarios, non urxencias.
*Se queres ser un novo Establecemento para Mascotas Deportivistas podes contactar connosco en comercial@rcdeportivo.es
VISITA #ANOSACASA
As Mascotas Deportivistas con carné teñen tamén a posibilidade de visitar #anosacasa, a súa casa
Todas as Mascotas Deportivistas poderán visitar ABANCA-RIAZOR unha vez por temporada, en horario de apertura da Oficina de Atención ao Deportivismo (de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h.) e acceder á bancada do Estadio para facerse unha foto desde Preferencia. Para iso é necesario pedir cita previa na web: http://citaprevia.rcdeportivo.es/ e acudir na hora solicitada presentando o carné da Mascota Deportivista.
Por motivos de organización deportiva (adestramentos, partidos do primeiro equipo entre semana) ou da propia instalación, as citas poderían sufrir cambios, debéndose solicitar unha nova cita. Só poderá acceder pola porta da OAD a Mascota titular do carné xunto a un máximo de dúas persoas ao seu cargo e o acceso será, acompañado por persoal do RC Deportivo, exclusivamente á bancada do Estadio, non podendo pisar o perímetro do terreo de xogo nin o céspede. A foto deberá realizarse cun dispositivo propio das persoas a cargo da Mascota Deportivista.
