RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Arizmendi: Aplaudo a decisión do Club de regalar unha entrada. necesitamos á afección

Vídeo de Arizmendi en Abegondo Javier Arizmendi foi o protagonista no Mundo do Fútbol. O dianteiro madrileño entrou na lista de convocados de Joaquín Caparrós tras superar xa unha escordadura de xeonllo que sufriu ante o Nastic.

Para o internacional, é fundamental converter Riazor nunha pota a presión: "Aplaudo a decisión do Club de regalar unha entrada. Necesitamos á nosa xente". É máis, Arizmendi puxo como exemplo ao Dépor-Real Madrid, "que xogamos en Riazor cun gran ambiente. Creo ademais que fixemos un bo partido e gañamos".
Eloxiou ao Sevilla, ao que cualificou de "gran equipo", pero advertiu que o Deportivo "vai dar guerra"