RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

Derbi cadete ante o RC Celta, mañá xoves en Abegondo

  Catro equipos da canteira acaban as súas competicións ligueiras ao longo desta semana: Xuvenil B (Liga Nacional), Cadete A (División de Honra), Cadete B (Liga Galega) e Infantil A(Liga Galega). Dous deles (Xuvenil B e Cadete B) o hará

A xornada arrincou hoxe mércores coa visita do Xuvenil B ao Pontevedra, en partido aprazado do fin de semana pasado. Caeron os branquiazuis (3-1) nun final de encontro polémico ao que se chegou con empate (1-1), pero con dous penaltis e dúas expulsións moi rigorosas sufridas polo Xuvenil B que decantaron o encontro para os locais.
 
O Palmar CF Estrela Semente de Murcia será o rival do Fabril na primeira eliminatoria do Play Off de Ascenso a Segunda División B. O partido de ida será o domingo 22 ás 12.00 no Estadio de Riazor; e a volta, o domingo 29 tamén ás 12.00 no terreo de xogo do conxunto murciano.
 
Finalmente, o Alevín A e o Benjamín A de o Deportivo participan este sábado 21 de maio na Fase Finais Norte de fútbol oito, en Riveira e Abegondo respectivamente.
 
O calendario de partidos é o seguinte:
 
Terceira División
Primeira eliminatoria Play Off de Ascenso a Segunda B, ida: FABRIL - PALMAR, o domingo 22 de maio ás 12.00 en Riazor
 
Categoría Xuvenil
 
Xogado hoxe mércores: PONTEVEDRA 3 - XUVENIL B 1 (Boedo)
XUVENIL B - CELTA, o sábado 21 de maio ás 12.00 en Abegondo (campo 1)
Clasificación da liga Nacional: 1. Xuvenil B, 73 puntos; 2. Santiago de Compostela C e Areosa, 62 puntos...
 
Categoría Cadete
 
CADETE A - CELTA,  mañá xoves 19 de maio ás 19.00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 97 puntos; 2. Cadete A, 78 puntos; 3. Bertamiráns, 64 puntos...
 
BERGANTIÑOS - CADETE B, o sábado 21 de maio ás 19.00 nas Eiroas (Carballo)
Clasificación da liga Galega, grupo 1º: 1. Cadete B (xa campión), 88 puntos; 2. Ural, 75 puntos...
 
Categoría Infantil
 
INFANTIL A - SANTIAGO DE COMPOSTELA, o sábado 21 de maio ás 10.30 en Abegondo (campo 6)
Clasificación da liga Galega, grupo 1º:  1. Xuventude de Oroso, 75 puntos; 2. Infantil A, 72 puntos; 3. Lugo, 68 puntos...
 
Categoría Alevín
 
Fase Final Norte de fútbol oito na Fieiteira (Riveira)
 
Sábado 21 de maio
 
Primeira Fase
 
10.30: ALEVÍN A - EF LALÍN
11.40: ATLÉTICO RIVEIRA - ALEVÍN A
12.50: ALEVÍN A - CALASANZ
 
Os dous primeiros equipos accederán ás semifinais; mentres que os outros dous pelexarán polos postos 5º ao 8º. O vencedor desta fase xogará a Fase Final Galega.
 
Categoría Benjamín
 
Fase Final Norte de fútbol oito, na cidade deportiva do RC Deportivo en Abegondo
 
Sábado 21 de maio
Primeira Fase
11.05: LUGO - BENJAMÍN A
12.15: BENJAMÍN A - NOIA
13.25: BASTAVALES - BENJAMÍN A
 
Os dous primeiros equipos accederán ás semifinais; mentres que os outros dous pelexarán polos postos 5º ao 8º. O vencedor desta fase xogará a Fase Final Galega.