RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Intensa e exitosa actividade hoxe venres en #ANOSACANTEIRA en Marrocos, Torrelavega, Portugal e Polonia

Hoxe venres, ademais do último partido de liga do San Tirso SD Cadete na División de Honra (0-1 en O Monte ante o Bergantiños CF), arrincaron con triunfos os torneos para o Cadete e Infantil en Torrelavega; o Alevín A en Ponte de Lima (Portugal); e o Fabril FC Benxamín (na foto principal da noticia) na International Steel Cup, en Zakopane (Polonia).

Xa está en competición desde onte xoves o San Tirso SD Infantil en Marrocos; e mañá sábado o Fabril FC Alevín compite en Calamocha (Teruel) e o Benxamín A en Vilagarcía.

Dous equipos tiveron partido oficial o pasado mércores 31 de maio.

O Cadete, campión da División de Honra hai xa varias xornadas, xogou como locatario pero no campo do seu rival, o ED Val Miñor Nigrán, o último partido de liga adiantado ao fin de semana. O triunfo, intranscendente, foi branquiazul (2-1) con tantos de Xián e Nico Ruiz, co que o equipo deportivista conclúe a liga con 107 puntos no máis alto.

E o Orzán SD Xuvenil Feminino venceu (1-4) ao SE Abellá SDEC na segunda semifinal da I edición da Copa da Coruña, a partido único e medirase na gran final ao Victoria CF B, vencedor da outra semifinal ante o Sporting Cambre.

O martes, ademais do partido do Fabril FC Benxamín ante o ED Luis Calvo correspondente ás semifinais do Torneo Delegación, o Infantil, que o pasado domingo se proclamou brillante vencedor da División de Honra ao derrotar ao RC Celta nunha heroica final, enfrontouse nun amigable en Abegondo á Selección do Camiño, nun partido a beneficio de ASOTRAME (Asociación Galega de Afectados por Transplantes Medulares e Enfermidades Oncohematolóxicas). O resultado, que é o de menos, favoreceu á selección (5-6) após unha bonito toma e daca.

A semana arrincou tamén o martes en Abegondo cun momento sinxelo pero especial nas carreiras branquiazuis de #ANOSACANTEIRA. A parede que precede á porta de saída do vestiario do fútbol formativo aos campos de Abegondo loce un mural no que figuran todos os canteiráns que, desde a posta en marcha da Cidade Deportiva en 2003, defenderon as nosas cores en categorías inferiores, do xuvenil para abaixo e chegaron a debutar en partido oficial co primeiro equipo branquiazul. Desde que o fixesen Ian Mackay, Trilli e Noel a principio da temporada 21-22, hoxe tocoulle a quenda a todos os Deportivistas que debutaron co primeiro equipo desde entón: Pablo Brea, Yeremay Hernández, Brais Val, Edu Sousa, Dani Barcia e hai quince días, David Mella. Precisamente Ian Mackay manifestou que "cando me tocou a min foi algo importante porque é algo que queres desde pequeno: poder debutar co Dépor en partido oficial. Tardei bastante en poñela. Creo que son o máis veterano. Agora non lle dás importancia pero cando non esteas aquí ou cando te retires, vexas esa foto e vexas que cumpriches un soño que é defender este escudo para min é algo moi importante". Indicou que "os rapaces estaban moi emocionados. Déronse conta cando nos fixeron o corredor que hai moitos nenos que queren cumprir ese soño".

Finalmente, a orzanista Emma Gandoy foi convocada pola selección galega sub-15 para disputar a Fase Final Prata de Seleccións Autonómicas en Huelva do próximo 9 de xuño ao 11. O rival de Galicia en semifinais será Castela A Mancha o venres 9. A outra semifinal xogarana Canarias e a Comunidade Valenciana.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
Copa da Coruña, semifinais (mércores 31): SE ABELLÁ SDEC 1 - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO 4 (Uxía López, Noe Gómez, Macarena González e Carlota Rubio)

Categoría xuvenil
Clasificación final da liga Nacional: 1. Xuvenil B, 78 puntos; 2. RC Celta, 76 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán, 70 puntos...

Categoría cadete
38ª xornada (última, mércores 31): CADETE 2 (Xián e Nico Ruiz) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 1

38ª xornada (última): SAN TIRSO SD CADETE 0 - BERGANTIÑOS CF 1

Clasificación da División de Honra: 1. Cadete (xa campión, un partido máis), 107 puntos; 2. RC Celta, 94 puntos... 9. San Tirso SD (un partido máis), 55 puntos... 18. Bergantiños CF, 29 puntos...

XII Torneo San Bernabé, en Cantabria
Primeira Fase, no campo de Vargas (Puente Viesgo)
Venres 2 de xuño
AYRON CF 0 - CADETE 8 (José Rey -2-, Nico Ruiz, Xian -2-, Daniel, Carlos e Lucas)

Sábado 3 de xuño
09:30: SPORTING DE GIJÓN - CADETE
15:20: CD PADURA - CADETE
19:30: CD GRUPO ANTOLÍN - CADETE

Segundo clasificación, o Cadete pasará a unha Fase Ouro, Prata ou Bronce xa o domingo a partir das 09:00 horas

Categoría infantil
Amigable (martes 30): INFANTIL 5 (Gael -2-, Iker Casuso, Borja e Roi) - SELECCIÓN DO CAMIÑO 6

XII Torneo San Bernabé, en Cantabria
Primeira Fase
Venres 2 de xuño
INFANTIL 6 (Roi, Gael, Nico, Casuso -2- e Borja) - SD SOLARES 0

Sábado 3 de xuño
11:10: INFANTIL - OVIEDO VETUSTA, no campo de Suances
16:10: ALAVÉS - INFANTIL, no campo de Suances
18:40: INFANTIL - BASKAURI FE, no campo de Suances

Segundo clasificación, o Infantil pasará a unha Fase Ouro, Prata ou Bronce xa o domingo a partir das 09:00 horas

IBN Battuta Cup 2023, en Tánxer (Marrocos)
Primeira Fase
Xoves 1 de xuño
SAN TIRSO SD INFANTIL 5 (Sergio Cortizo, Daniel, Lucas Vázquez, Antón e Guille) - ROUBAIX 0

Venres 2 de xuño
SAN TIRSO SD INFANTIL 9 (Raúl -2-, Pablo Vara, Sergio Cortizo -4-, Javi Seoane e Antón) - WYDAD MOCIDADE TÁNXER 0
SAN TIRSO SD INFANTIL 6 (Nikolay, José Quiroga, Pablo Vara, Raúl -2- e Álex Martínez) - DREAM ACADEMY FOOTBALL 1

Mañá sábado 3 de xuño arrinca a Segunda Fase en calendario por definir

Categoría alevín
Torneo Internacional Vila de Ponche de Lima, no Estadio Municipal do Cruzeiro
Primeira Fase (en horario local, unha hora máis en Galicia)
Venres 2 de xuño
VALENCIA CF 1 - ALEVÍN A 0

Sábado 3 de xuño
10:10: ALEVÍN A - FC VIZELA

Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final e o resto xogarán unha fase de consolación a partir das 15:10

7ª edición da Jamón Cup, en Calamocha (Teruel)
Primeira Fase
Sábado 3 de xuño
09:30: LEVANTE UD - FABRIL FC ALEVÍN en Jumaya (campo 1)
11:00: FABRIL FC ALEVÍN - SD HUESCA en Jumaya (campo 1)
16:00: CF SAN JOSÉ - FABRIL FC ALEVÍN, en Jumaya (campo 2)
17:00: FABRIL FC ALEVÍN - CF CALAMOCHA, en Jumaya (campo 2)
Domingo 4 de xuño
11:00: WAKATAKE - FABRIL FC ALEVÍN, en Jumaya (campo 1)

Os dous primeiros pasan a cuartos de final e os restantes xogan, segundo clasificación, unha fase de consolación; todo iso a partir das 11:30 horas

Categoría benxamín
IX Torneo Cidade de Vilagarcía, no campo Manuel Jiménez e Estadio de Fontecarmoa
Primeira Fase
Sábado 3 de xuño
09:30: FC PORTO - BENXAMÍN A
11:30: ATHLETIC CLUB - BENXAMÍN A
16:00: BANSANDER - BENXAMÍN A
18:00: RC CELTA - BENXAMÍN A
20:30: BENXAMÍN A - ED VAL MIÑOR

Os dous primeiros de grupo e os dous mellores terceiros do tres grupos pasan a cuartos de final; e os restantes xogan unha fase de consolación, todo iso a partir do domingo 4 de xuño ás 09:00 horas

Torneo Delegación, semifinal (martes 30): FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Leo Lorenzo e Alberto Novo) - ED LUÍS CALVO 2. A penaltis: 8-7

VII International Steel Cup, en Zakopane (Polonia)
Primeira Fase
Venres 2 de xuño
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Enzo Fernández e Antón Fernández) - KARPATY LWOW 1
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Enzo Fernánez e Mateo Songo'o) - ZALGIRIETIS WILNO 0
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Enzo Fernández e Alberto Novo) - ZNICZ PRUSZKOW 0
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Enzo Fernández) - RAKOW CZESTOCHOWA 0
FABRIL FC BENXAMÍN 9 (Leo Lorenzo -2-, Mateo Songo'o -2-, Breogán Díaz -2-, Enzo Fernández -2- e Yago Prieto) - UKS SOKOLIKI STARY SACZ 0

Sábado 3 de xuño

Fase Ouro

08:34: FABRIL FC BENXAMÍN - DELTA WARSZAWA
09:08: MTK BUDAPEST FC - FABRIL FC BENXAMÍN
09:42: BARÇA ACADEMY - FABRIL FC BENXAMÍN
11:07: SLASK WROCLAW - FABRIL FC BENXAMÍN
11:58: URSUS WARSZAWA - FABRIL FC BENXAMÍN