RCD / NOVAS

Juanfran e Marlos Moreno coinciden en que o Dépor mereceu máis

  Juanfran e Marlos Moreno compareceron na zona mixta do Estadio de Riazor, ao terminar o partido contra o Athletic Club.

11/09/2016 23:57

O lateral deportivista asegura que "o equipo está a crecer, cada día coñécese máis. Merecémonos máis".

Cre Juanfran que "na primeira xornada non nos pitaron un penalti clarísimo. Non se falou en toda a semana porque non interesa. Hoxe quitáronnos un gol legal clarísimo. As pequenas faltas sempre nolas pitan en contra. Non pedimos que nos dean, pero pedimos que non nos quiten. Pedimos que se estea un pouco máis atento e o ollo máis fino".
 
Lamentou a lesión de Joselu: "Nos poucos minutos que puido xogar demostrouse que é un bo futbolista. Vainos a dar unha chea de cousas. Esperemos que sexa pouco a lesión. Fíxonos dano porque estaba ao facer moi ben. Entre Sidnei e Joselu fixéronnos moito dano".
 
Pola súa banda, Marlos Moreno opina que "non se logrou o obxectivo. Obviamente queriamos o tres puntos pero fixémolo ben. A seguir traballando. Non pasa nada".
 
O internacional colombiano conta que o seu debut na liga española foi "un pouco amargo porque merecemos máis. Non foi desmerecimiento porque nos fixeron un gol e nós tratando de xerar espazos, de crear opcións de gol. Tivémolas pero lastimosamente non fixemos goles".

Máis novas de: JUANFRAN, MARLOS MORENO