RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
TERESA HERRERA

Manuel Pablo recibirá a homenaxe do Real Club Deportivo e o deportivismo no Teresa Herrera

  A septuagésimo primeira edición do Trofeo Teresa Herrera, decano dos torneos estivais, que se disputa ante o Vilarreal CF o próximo martes 9 de agosto en categorías feminina e masculina tendrá este añou un

O gran canario converteuse, por méritos propios, nun dos xogadores máis importantes da historia do Real Club Deportivo. Manuel Pablo é, xunto con Fran, o xogador que máis tempadas militou no primeiro equipo (18), o segundo que máis partidos oficiais disputou coa elástica branquiazul (482), o terceiro que máis encontros xogou en Primeira División (349) e o que participou en máis choques de Copa Intertoto (9), sendo o décimo en aparicións en competicións continentais (50). Tamén é o terceiro no ranking de partidos disputados en Copa de España (47).
 
No seu palmarés figuran catro do seis títulos que brillan nas vitrinas deportivistas: a liga (2000), unha Copa do Rei (2002) e dous Supercopas (2000 e 2002). Mercé ás súas grandes actuacións co Dépor, alcanzou a internacionalidad en 13 ocasións, entre 2000 e 2004. É, ademais, o xogador que máis veces gañou o Trofeo Teresa Herrera, con 13 títulos, aínda que en tres deles (2002, 2008 e 2015) non chegou a disputar un só minuto do torneo.