RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
INFANTÍS

O Infantil B consegue en Sada o cuarto título desta tempada para a canteira deportivista

  O Infantil B se proclamó campeón de liga da Primeira Autonómica (grupo 1º), ao gañar (2-5) no campo das Mariñas de Sada ao Raio Sadense. É o cuarto título da canteira esta tempada tras os conseguidos anterior

O cadro que prepara Juan Villamisar e Elkin Flórez suma 70 puntos de 72 posibles, froito de 23 partidos gañados, 1 empatado e ningún perdido. O Infantil B anotou 195 goles e encaixou ata a data 14. Uns números que proban o dominio do Dépor na categoría. Padín (2), Noel e Jairo (2) foron os autores dos goles en Sada, nun partido no que o Raio Sadense pelexou ata o final, e plantou cara aos deportivistas sobre todo na primeira metade. O próximo fin de semana, xa co título no peto, o Infantil B recibe en Abegondo ao Orillamar B.

Infantil B: Ríos, Trilli, Iago, Dani Barcia, Novoa, Álvaro, Javi, Jairo, Antón, Buján e Padín. Tamén xogaron: Noel e Nils.
 
A tempada marcha así para o equipo que prepara Juan Villamisar:
 
Infantil B 11 (Noel -3-, Padín -2-, Antón -2-, Dani -2-, Álvaro e Jairo) - Laracha 0
Santa María del Mar 0 - Infantil B 10 (Álvaro, Noel -2-, Jairo -2-, Novoa, Buján, Javi e Padín -2-)
Infantil B 4 (Álvaro, Jairo -2- e Padín) - San Tirso 1
Montañeiros B 0 - Infantil B 10 (Álvaro -2-, Padín, Dani, Buján -3-, Novoa e un futbolista rival en propia porta)
Infantil B 13 (Antón -5-, Dani -3-, Jairo -2-, Iago -2- e Padín) - Sporting Cambre 0
Vitoria B 0 - Infantil B 7 (Álvaro, Nils, Jairo -2-, Novoa -2- e Noel)
Infantil B 6 (Buján -2-, Noel -2-, Jairo e Padín) - Ordes 0
Marabillas 3 - Infantil B 7 (Álvaro, Jairo, Padín -2-, Nils -2- e un futbolista rival en propia meta)
Infantil B 11 (Trilli, Jairo -2-, Noel -3-, Antón -4- e Álvaro) - Raio Sadense 1
Orillamar B 0 - Infantil B 15 (Ríos, Álvaro -2-, Dani Barcia, Javi, Jairo -3-, Padín -3- e Buján -4-)
Atlético San Pedro 0 - Infantil B 9 (Jairo, Antón, Nils, Noel, Trilli, Padín -2-, Dani e Álvaro)
Infantil B 1 (Padín) - Ural B 1
Calasanz B 1 - Infantil B 5 (Noel -2-, Antón, Padín e Buján)
Infantil B 5 (Noel, Dani, Trilli, Trigo e Novoa) - Bergantiños B 2
Sporting Coruñés 1 - Infantil B 7 (Noel -2-, Jairo -2-, Iago, Pablo e Nils)
Laracha 0 - Infantil B 17 (Dani Barcia, Novoa -2-, Jairo -3-, Iván -2-, Hugo Baldomar -3-, Padín -2-, Noel -2- e Álvaro Carreiras -2-)
Infantil B 10 (Buján -3-, Javi, Dani Barcia, Padín, Jairo, Matías e Quique -2-) - Santa María del Mar 0
San Tirso 0 - Infantil B 5 (Noel -3-, Jairo e Hugo Novoa)
Infantil B 5 (Noel, Padín, Antón e Buján -2-) - Montañeiros 1
Sporting Cambre A 0 - Infantil B 12 (Padín -2-, Jairo -2-, Buján, Adrián Lombao, Antón -4-, Dani e Novoa)
Infantil B 5 (Álvaro, Noel, Jairo, Padín e Buján) - Vitoria B 0
Infantil B 9 (Noel -2-, Novoa, Antón -2-, Padín, Álvaro, Javi e un futbolista rival en propia meta) - Marabillas 0
Raio Sadense 2 - Infantil B 5 (Padín -2-, Noel e Jairo -2-)