RCD / NOVAS

O LXX Teresa Herrera disputarase o 8 de agosto ás 20:00 h. ante o Sporting Braga

  A edición número 70 do Trofeo Teresa Herrera, decano dos torneos estivais, xa ten data, hora e cartel. O Sporting Clube de Braga será o rival ante o que o Deportivo se xogará, a partido único, a Torre de Hércules o sábado 8 de agosto a partir das 20:00 horas en Riazor.

16/06/2015 21:00

O conxunto portugués, gañador dunha Copa de Portugal en 1966, unha Copa da liga de Portugal en 2013, e subcampión da UEFA Europa League en 2011, disputará por primeira vez o torneo amigable máis prestixioso do mundo.

Todos os socios do Real Club Deportivo que teñan o seu carné renovado ou retirado por primeira vez para esa data poderán acceder libremente co mesmo ao Estadio Municipal de Riazor para presenciar en directo o tradicional debut do Dépor na Coruña.