RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O Sevilla leva o Teresa Herrera nos penaltis

foto: DEPORSport O Sevilla se adjudicó a 66 edición do Trofeo Teresa Herrera ao vencer nos penaltis ao Deportivo. Ao final do tempo regulamentario se llegó con empate (1-1). Riki adelantó ao Dépor ao comezo e Coke igual

O partido tivo ritmo, emoción e refachos de bo xogo por parte do Deportivo, aínda que os hispalenses apertaron na segunda metade ata lograr o empate. O técnico deportivista mostrouse contento: "Estivemos a un bo nivel o noventa minutos ante un rival importante".

Riki tivo nas súas botas as dúas oportunidades que puideron sentenciar o partido. Na primeira parte, tras gañar por velocidade á defensa andaluza, sorteou á meta Dani cunha vaselina e, a porta baleira, botou o balón fóra. Na segunda metade, de novo na raia de gol e a pase de Pablo Álvarez, o dianteiro madrileño xutou con suavidade, circunstancia que aproveitou Dani para deter o que xa se cantaba como o segundo tanto. Oltra, na sala de prensa, definiu como "espectacular" a pretemporada de Riki e asegurou que "o importante é que tivo e xerou esas ocasións".

A mala noticia da tarde foi a lesión de Bruno Gama na zona abdominal. O portugués, substituído por Pablo Álvarez no minuto 27, será sometido a probas médicas o martes para ditaminar o alcance exacto da súa doenza.

Deportivo: Aranzubia; Manuel Pablo, Colotto, Aythami, Ayoze; Bruno Gama (Pablo Álvarez, m. 27), Álex Bergantiños, Jesús Vázquez, Gardado (Salomao, m. 64); Valerón (Xisco, m. 80); e Riki (Lassad, m. 72).

Sevilla: Dani J., Martín Cáceres, Alexis, Bernardo (Coke, m. 75), Alberto; De Mul (Salva, m. 45), Fazio (Medel, m. 45), Campaña (Perotti, m. 45), Armenteros (Trochowski, m. 64); Negredo e Luís Alberto (Manu do Moral, m. 68).

Goles: 1-0, m. 5: Riki; 1-1, m. 85: Coke.

Árbitro: Valdés Aller, do comité castelán e leonés.
Incidencias: O Sevilla saltou ao terreo de xogo portando unha pancarta na que se lía: "Deportivo, sempre de Primeira", co que se gañou a ovación da bancada.