RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O vestiario branquiazul subliña a importancia de ir a Castalia con vantaxe no marcador

Lucas Pérez e Álex Bergantiños pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O dianteiro coruñés destacou o ambiente que se viviu en ABANCA-RIAZOR esta tarde: "Isto é o que é o Deportivo. Hai que estar agradecidos polo que fai #ANOSAFORZA en cada partido en casa e fóra. A nivel colectivo o que se viviu hoxe é moi bonito e é o que nos levou polo aire".

Do partido, comentou que "a nivel individual non me atopei. Non estiven ben. Sabían máis ou menos como iamos xogar, a miña posición e a de Mario Soriano; e non demos atopado na primeira parte ningún balón que nos puxese de cara para poder atacar á súa defensa. Na acción do gol ven as virtudes de Max Svensson do gol, a presión, a defensa e o decoro que ten. Serviunos para irnos 1-0 ao seu campo e poñer a eliminatoria de momento ao noso favor".

Lucas Pérez ve o partido de volta como outros da temporada lonxe de ABANCA-RIAZOR no que "nos teñen moitas ganas e máis agora, que van por detrás no marcador. Nós a preparar o noso partido sabendo que imos con vantaxe, somos o Dépor e temos as nosas armas tamén".

Pola súa banda, o capitán Álex Bergantiños destaca que "irnos gañando é importante e obrígalles a ter que gañarnos alí".

Define o partido desta tarde "de moitos nervios, con altibaixos no xogo. Na primeira parte sometémoslles bastante, foi de bastante ritmo, sen ocasións clarísimas pero non podían saír. Logo influíu o aspecto físico, a calor que facía. Nos últimos minutos caemos un pouco".

Conclúe o centrocampista coruñés que "imos con vantaxe nunha eliminatoria que sabiamos que ía ser igualada porque eles tamén son un bo equipo".