RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O vestiario, convencido que "se gañamos o catro partidos temos moitas opcións de ser primeiros"

Jaime e Mario Soriano expresaron o sentir do vestiario branquiazul na zona mixta do Nuevo Arcángel de Córdoba.

O central andaluz afirmou ante os medios de comunicación que "estabamos convencidos que iamos gañar. Na primeira parte empezamos moi ben, puxémonos por diante. Ímonos fodidos porque era un partido importante para loitar polo liderado e íanos a dar moita confianza gañar fóra de ABANCA-RIAZOR".

Pensa que "na segunda non lemos ben o partido. Afundíronnos moito. Atopáronse co gol, ponse costa arriba e é difícil remontalo".

Da xogada do empate cordobés, Jaime apunta que "non o vin ben. Coméntase que parten de fóra de xogo. Non se se lle dá coa man porque non o vin, non se se hai falta a Mackay tamén..."

Non está de acordo que no Dépor deba pensar xa no play off: "Temos que seguir pelexando. Se gañamos os catro partidos, que tamén é difícil, temos moitas opcións de ser primeiros. Imos seguir pelexando até o final".

De Alberto Quiles subliña que está "mal. Está mareado. Foi un golpe moi forte. Espero que se recupere ben e teñámolo connosco canto antes".

Pola súa banda, Mario Soriano márchase do Nuevo Arcángel cun sabor "agridoce. O equipo deuno todo. Na primeira parte estivemos a un gran nivel. Tivemos o control do partido. Eles non xeraron ocasións. O balón parado, os pequenos detalles, marcaron o partido. Logo tivemos dúas ocasións: a de Quiles con 0-1 e con 1-1 a miña. A partir de aí o partido foi un ida e volta".

Pide pensar "soamente no partido do Alcorcón, gañar, conseguir os 3 puntos, quedar a 1 deles. Ir a Linares e gañar. Non podemos fallar. Temos que gañar todo e esperar. Estou convencido que os rivais non van gañar todos os partidos".

Preguntado por Quiles, o atacante madrileño indica que "está moi mal. Non ve. Puxéronlle 5 puntos ou 6. Non vou falar dos árbitros", conclúe.