RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Óscar Cano advirte que "agora si que se iguala todo moito" e que "os equipos se van a deixar a alma e a vida por non caer derrotados"

A falta de 6 partidos para o final, Óscar Cano afirmou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que "ás toas hai que facer polo menos 5 grandes resultados. Pero esas son contas que igual o domingo ás 21:00 estamos a falar doutras".

O adestrador deportivista advirte que "agora si que se iguala todo moito por varias cuestións. A primeira é que nos enfrontamos entre nós; é dicir, hai moito enfrontamento directo, co cal non só ti podes gañar, senón que deixas ao outro sen a posibilidade de gañar. E sobre todo hai partidos que a priori parecen moi factibles por parte dos nosos adversarios e non o van a ser porque ao rival que se van a enfrontar está a xogarse non só facer un playoff, que é unha cousa marabillosa, senón igual está a xogarse un descenso, que iso si que é unha catástrofe".

Así pois, considera que "os equipos se van a deixar a alma e a vida por non caer derrotados con independencia de que o que teñan enfronte sexa mellor. Creo sinceramente que aínda hai moitos puntos por disputar e sobre todo vai haber un carrusel, unha montaña rusa que vai dotar aínda dunha maior tensión ao que vai ser o día a día".

Neste tramo final, o Dépor quere "tratar de non deixar de ser o que somos en ABANCA-RIAZOR e mellorar fóra. Temos 3 saídas, 3 partidos en casa e son escenarios nos que nos imos a xogar moitísimo non só nós senón o equipo que temos enfronte como o outro día pasou en Ferrol".

Cre que o feito de que en toda a temporada o equipo só encadease 3 vitorias seguidas nunha ocasión "non quere dicir que non vaia a pasar. Aí é onde temos que ter todo o ánimo, toda a atención, toda a enerxía, todo o entusiasmo para que ocorra. E por ganas, por traballo, por toda cuestión que teña que ver co actitudinal xa adianto que non vai ser. É incrible como traballa este grupo e a iso hai que agarrarse".

Eloxiou o traballo no AD Ceuta FC, rival do Dépor este domingo 23 de abril ás 19:00 horas en ABANCA-RIAZOR (TVG-2 e InSports.tv), do seu adestrador José Juan Romero porque "considero que é un adestrador moi capacitado. Este ano chegou a Ceuta. Custoulle ao principio porque a dinámica de comezo de liga non era a mellor, pero ha ir conformando un bo grupo, ha ir introducindo evidentemente a bos xogadores porque sen bos xogadores non pode ocorrer nada e a verdade que a súa segunda volta son números de campión. Son 13 xornadas da segunda volta e aínda non perdeu. Iso di ben ás claras que é un bo equipo, cheo de bos xogadores, cunha proposta moi atractiva, querendo sempre ser un equipo propositivo desde a tenencia do balón, con centrais que fan crecer a xogada, con bos centrocampistas, con xente con moita mobilidade e con moitos recursos no un contra un en espazos intermedios e sobre todo despois cun xogador que recuperou a súa mellor versión como Rodri".

Precisamente do dianteiro ceutí indica que "ten moito nivel. É un xogador que cando se achega aos centrocampistas é un centrocampista máis; protéxea moi ben; xoga moi ben ao fútbol; é moi selectivo, como os grandes xogadores, á hora de desmarcarse, é dicir, non fai un esforzo de máis porque sabe cando é o esforzo importante, o esforzo determinante; e cando debe de producirse para que realmente cause dano nas defensas contrarias. E despois non é que só faga goles, senón que o fai de todas as maneiras. Haberá que estar moi atento".

No entanto, Óscar Cano confía no Dépor porque "a nivel defensivo somos un equipo fiable, máis aló de que todo o mundo cometemos erros, porque isto é fútbol e porque tamén o erro teu depende do acerto do que tes enfronte".