Óscar Cano non continuará como adestrador do RC Deportivo
O RC Deportivo comunicou esta tarde a Óscar Cano que non continuará como adestrador do Dépor. Tampouco continuará na estrutura do Club o segundo adestrador Elías Martí.
O RC Deportivo quere agradecer moi sinceramente a Óscar e Elías o seu traballo durante a súa etapa á fronte do equipo, desexándolles toda a sorte a nivel persoal e profesional no futuro.