RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Quiles mantén o seu obxectivo de volver en Pontevedra porque "vai todo fenomenal"

Despois de recoller o Premio Estrella Galicia ao mellor xogador do Dépor o pasado mes de abril, Alberto Quiles mantén como obxectivo para volver o partido en Pontevedra, último de liga: "Non fai nin unha semana que me operei e non teño dores. Xa empecei a facer traballo de ximnasio con Alejandro Canosa (readaptador) e vai todo fenomenal. Entón sigo mantendo ese prazo".

Explica que "hoxe creo que vou recoller a máscara. Así que a finais desta semana ou ao principio da outra ma vou a poñer e a ver se xa podo empezar a trotar por fóra. A ver que tal vou con ela posta".

Segue pensando que "para min é un erro moi grave que a patada (en Córdoba) quedase en cartón amarelo. Paréceme ben a queixa do Dépor máis que nada porque a patada foi dura e podíame causar danos peores".

Confesa que estes días fóra do campo "sófrese moito máis. No campo cando estás a xogar estás centrado en xogar, en facelo ben, en facerlle dano ao rival; e cando estás fóra fíxolleme o partido eterno, pero é o que me toca. Teño que animar aos meus compañeiros desde fóra".

Cre que é algo "anecdótico" as lesións del e de Lucas na cara, porque é "algo que non adoita suceder. Déronse as cousas así, un pouco de mala sorte, pero a recuperarse ben que é o importante e estar aí para axudar ao Club".

O dianteiro andaluz indica que "temos o partido de Linares (domingo 14 de maio ás 12:00), que hai que ir gañalo porque hai posibilidades. E logo cando Lucas e eu esteamos recuperados, tentar axudar".

De feito, insiste en que "mentres haxa posibilidades teremos que ir gañar os máximos puntos posibles para tentar ascender directo. Sabemos que está complicado porque teñen que fallar varios equipos e algún mesmo dúas veces. Hai que tentalo e se non pode directo, por playoff. O ano pasado foi un pau duro pero este ano non ten porqué ser así. Se ascendemos por playoff tamén vai ser igual de gratificante".

Respecta as protestas de #ANOSAFORZA desde a bancada porque "a xente que gasta o seu diñeiro nun abono, que gasta o seu tempo en verche, hai que respectar a opinión que teña. Nós estamos convencidos de que podemos lograr o ascenso e só dicirlles que nos anime como nos están facendo. Si que houbo eses cánticos (o pasado sábado ante o AD Alcorcón en ABANCA-RIAZOR), pero tamén nos animaron durante o partido".