RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
CADETES

Satisfactorio test do Xuvenil A ante o Sporting Sada, esta tarde en Abegondo

Varios equipos da canteira deportivista xogan esta semana partidos amigables, nalgúns casos (Deportivo Feminino B, Xuvenil B e Cadete A), será a súa estrea este verán.

Esta tarde, o Xuvenil A impúxose ao Sporting Sada (5-1) en Abegondo nun novo e satisfactorio test de pretemporada. Adri, Aarón, Manu Mosquera (2) e un futbolista rival en propia meta foron os autores dos goles branquiazuis.

Rubén Coméndez, técnico do Xuvenil A, dispuxo de dous equipos, un en cada tempo, co obxectivo de dar minutos a todo o seu persoal.

A próxima cita do Xuvenil A será o Memorial Jacobo Camiño, o sábado 13 no campo da Pinguela (Monforte). O Santiago de Compostela, recentemente ascendido á División de Honra xuvenil, será o rival en semifinais.

O calendario de partidos amigables da canteira, que arrincaron hoxe mércores, é o seguinte:

Categoría feminina
Amigable: DEPORTIVO FEMININO B - SPORTING BURGO, o sábado 13 de agosto ás 18.30 en Abegondo (campo 7)

Categoría xuvenil
Amigable, disputado hoxe mércores: XUVENIL A 5 (Adri, Aarón, Manu Mosquera (2) e un futbolista rival en propia meta) - SPORTING SADA (Preferente) 1

Torneo Memorial Jacobo Camiño, o sábado 13 de agosto no campo da Pinguela (Monforte)
Semifinal: XUVENIL A - SANTIAGO (xuvenil A de División de Honra), ás 18.30 horas
A continuación dispútase o terceiro e cuarto posto ou a final, ante PAVILLÓN ou CALASANCIO

Torneo Café Don Budi: BERTAMIRÁNS (Rexional Preferente) - XUVENIL A, o domingo 14 de agosto ás 19.00 horas no Municipal de Bertamiráns

Amigable: XUVENIL B - GALICIA CARANZA (xuvenil A de Liga Galega), o sábado 13 de agosto ás 11.00 en Abegondo

Categoría cadete
Amigable: CADETE A - GALICIA CARANZA (cadete A de División de Honra), o sábado 13 de agosto ás 11.00 en Abegondo (campo 7).