RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Segundo partido de Elena Vázquez e España no Europeo sub-17, mañá ante Suíza

Elena Vázquez representa a #ANOSACANTEIRA no campionato de Europa sub-17 que se celebra estes días en Estonia.

A defensora deportivista ten como rivais na fase de grupos a Alemaña, Suíza e a anfitrioa Estonia.

A segunda cita para a canteirá branquiazul e as súas compañeiras será mañá mércores 17 de maio ás 19:00 (hora local, 18:00 en España, televisado por Teledeporte) ante Suíza, que debutou con triunfo (0-4) ante Estonia na 1ª xornada.

O torneo arrancou para a selección española o pasado domingo no Estadio Kadriorg ante Alemaña, á que xa derrotara (4-0) na Ciudad del Fútbol nun amigable o pasado 12 de xaneiro.

O domingo, xa en competición oficial, as españolas volveron vencer (0-2) con dobrete de Vicky López. Nesta ocasión, Elena Vázquez seguiu o partido no banco e non chegou a saltar ao terreo de xogo.

O calendario da Primeira Fase de España, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Domingo 14 de maio
ALEMAÑA 0 - ESPAÑA 2

Mércores 17 de maio
19:00 (hora local, 18:00 na península): ESPAÑA - SUÍZA, no Estadio Lilleküla (Tallin)

Sábado 20 de maio
17:00 (hora local, 16:00 na península): ESPAÑA - ESTONIA, no Estadio Lilleküla (Tallin)

Os dous primeiros de grupo pasan a semifinais, que se xogarán o 23 de maio.

Con 15 anos e con ficha do Orzán SD Cadete de Liga Galega, Elena Vázquez gañouse esta temporada unha praza de titular no Dépor ABANCA B e xa debutou nun amigable co Dépor ABANCA de Primeira Federación Iberdrola.