RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor fala de ''un paso tremendo para o noso obxectivo'' caso de lograr un triunfo en Balaídos

  Víctor Sánchez do Amo explicó en rolda de prensa en Riazor, nada más concluír o último adestramento semanal, que #ONosoDerbi de mañana sábado en Balaídous (22.05, TVE) é importante &qu

Un triunfo en Vigo sería ademais "tres puntos que nos porían nunha puntuación das que xa son candidatas a darche a permanencia. A partir de 38, 39 puntos, podemos empezar a pensar que son puntuacións que che poden dar a permanencia. Sería un paso tremendo para o noso obxectivo. Quedariamos moi preto ou quen sabe se non podería ser suficiente para o obxectivo".

Sobre a presenza de Sidnei, o técnico deportivista deixou claro que está na convocatoria, que ten opcións de xogar como o resto pero evita confirmalo no once: "adestrou con normalidade, é alineable como o resto de compañeiros que están na convocatoria, por suposto. Non nos gusta arriscar coa saúde dos xogadores e sempre os que están na convocatoria é porque están en condicións de xogar desde inicio. Xa veremos a decisión que tomamos porque no caso de Sidnei as sensacións son moi boas pero temos a información dos médicos que os prazos establecidos para a súa lesión cúmprense xusto mañá".
 
 
Pola súa banda, o propio Sidnei asegurou en rolda de prensa que leva "toda a semana traballando co grupo, atópome moi ben. Estou dispoñible para axudar ao equipo". Iso si, lembra o defensor deportivista que "a decisión de xogar é xa do míster. Agora hai que esperar ao que el decida". Cualifica #ONosoDerbi como "un gran partido, un partido especial. Todos queremos xogar".