RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

4 bancadas esgotadas para o Dépor-Athletic. A afección biscaíña poderá comprar entradas en Riazor

  Nas últimas horas esgotáronse as entradas dispoñibles de Tribuna Dianteira, Preferencia Inferior e Marathón Inferior para o partido do próximo domingo fronte ao Athletic Club (Riazor, 20:30 horas). Este tres bancadas únense

Os seguidores do Athletic que desexen comprar entradas na Coruña para a bancada visitante deberán deixar constancia do nome, apelidos e DNI dos usuarios finais dos tickets. Tanto os afeccionados vizcainos que desexen comprar entradas en Riazor, como os do Dépor que queiran entradas para localidades aínda dispoñibles, poderán adquirilas na Oficina de Atención ao Deportivista (Avenida da Habana) o xoves e o venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas e o sábado de 10:30 a 13:30 h. O domingo, día de partido, poderán adquirilas, desde as 11:00 horas e ata o comezo do choque nos Despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor.

Estes son os prezos das entradas para o Dépor - Athletic:

 
BANCADA PREZO
TRIBUNA SUPERIOR 40,00 € 
TRIBUNA INFERIOR 35,00 €
TRIBUNA DIANTEIRA ESGOTADAS
PREFERENCIA SUPERIOR 30,00 €
PREFERENCIA INFERIOR  ESGOTADAS
PREFERENCIA INFERIOR LATERAL 25,00 €
FONDO MARATHON SUPERIOR 28,00 €
FONDO MARATHON INFERIOR ESGOTADAS
FONDO PABELLON SUPERIOR 25,00 €
FONDO PABELLON INFERIOR ESGOTADAS

Os prezos das entradas para nenos, son os seguintes: Tribuna (Superior, Inferior e Dianteira) 15 €; Preferencia (Superior, Inferior e Inferior Lateral) 10 €; Marathón e Pavillón (Superior e Inferior) 5 €. Para poder adquirilas, o neno ten que ser fillo ou neto de socio e só pódense comprar en despacho de billetes presentando DNI ou libro de familia. 

As entradas tamén poden comprarse, a través de internet en: