RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

A sorte dos penaltis sorrí ao Dépor

Deportivo e Atalanta empataron a un tanto na primeira semifinal do Trofeo Teresa Herrera. Gardado, en colaboración coa meta Coppola, adelantó ao equipo de Lotina. Empató no ecuador do segundo tempo Adriano, ao rematar unha falta ben l

Nos lanzamentos desde o punto de penalti ambos os equipos marcaron a primeira serie de cinco disparos. Pero na morte súbita, o Atalanta fallou un lanzamento e Coloccini marcou o penalti que certificaba o pase á final do Deportivo.

O partido foi o típico encontro de pretemporada, disputado entre dous equipos que aínda están en proceso de preparación física. Iso si, a tenor das ocasións gozadas, o Deportivo fíxose acredor ao pase á final. Xa na primeira metade, Gardado, Xisco e Coloccini tiveron claras oportunidades. No segundo tempo, o equipo baixou o nivel físico, pero tapou ben atrás ata o punto que o Atalanta apenas dispuxo de ocasións de gol. Aproveitou Adriano practicamente a única que dispuxo.

A nota negativa do partido foi a lesión de Cristian, que recibiu ao fío do descanso un forte golpe nunha morna. Foi substituído no descanso por Pablo Álvarez.

Mañá mércores, o equipo adestrarase ás 10.00 no Mundo do Fútbol.