RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Á venda as entradas para o Dépor - Real Madrid

Xa están á venda na Oficina de Atención ao Socio e Accionista do Real Club Deportivo as entradas de público para o partido da cuarta xornada da liga BBVA entre o Dépor e o Real Madrid (Riazor, sábado 20 de setembro, 16:0

O partido foi declarado Día do Club, polo que todos aqueles socios que renoven o seu abono, ou se dean de alta, despois do próximo mércores 20 de agosto, deberán pagar un suplemento para poder presenciar o encontro. O importe que terán que abonar é o correspondente ao 40% do prezo das entradas para público en cada localidade.

Os prezos das entradas son os seguintes:

 
             PÚBLICO        SOCIOS*
        -60%
TRIBUNA SUPERIOR  110,00 € 44,00 €
TRIBUNA INFERIOR  105,00 € 42,00 €
TRIBUNA DIANTEIRA  100,00 € 40,00 €
PREFERENCIA SUPERIOR  95,00 € 38,00 €
PREFERENCIA SUPERIOR LATERAL  95,00 €   38,00 €
PREFERENCIA INFERIOR   70,00 € 28,00 €
PREFERENCIA INFERIOR LATERAL  70,00 € 28,00 €
FONDO PABELLON SUPERIOR  70,00 € 28,00 €
FONDO PABELLON INFERIOR  60,00 € 24,00 €
FONDO MARATHON SUPERIOR  80,00 € 32,00 €
FONDO MARATHON INFERIOR  60,00 € 24,00 €


*Socios que renovasen ou se deron de alta despois do 20 de agosto. Os que o fixeron antes desa data poderán acceder ao estadio directamente co seu carné sen pagar ningún tipo de suplemento en ningún dos Días do Club da tempada 2014-2015.

As entradas poden adquirirse na Oficina de Atención ao Socio e Accionista do Real Club Deportivo no seu horario habitual: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.