RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Amigable benéfico mañá do Infantil e cita ligueira para o Cadete o mércores en #ANOSACANTEIRA

Dous equipos teñen cita entre semana xa na recta final das competicións oficiais e no arranque dos torneos amigables.

O Infantil, que onte se proclamou brillante vencedor da División de Honra ao derrotar ao RC Celta nunha heroica final, mídese mañá martes 30 de maio ás 18:30 nun amigable en Abegondo á Selección do Camiño, nun partido a beneficio de ASOTRAME (Asociación Galega de Afectados por Transplantes Medulares e Enfermidades Oncohematolóxicas).

O encontro xogarase no campo 4 da instalación branquiazul.

E o mércores 31, o Cadete, campión da División de Honra fai xa varias xornadas, xoga como locatario pero no campo do seu rival, o ED Val Miñor Nigrán, no último partido de liga adiantado ao fin de semana porque os branquiazuis participarán eses días no Torneo San Bernabé, en Torrelavega (Cantabria).

O calendario de partidos entre semana é o seguinte:

Categoría cadete
38ª xornada (última): CADETE - ED VAL MIÑOR NIGRÁN, o mércores 31 de maio ás 19:00 en Condomínguez (Nigrán)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete (xa campión), 104 puntos; 2. RC Celta, 94 puntos... 11. ED Val Miñor Nigrán, 53 puntos...

Categoría infantil
Amigable: INFANTIL - SELECCIÓN DO CAMIÑO, mañá martes ás 18:30 en Abegondo (campo 4)