RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
XUVENÍS

Aprazado o Xuvenil A - Ponte Castro por mor dunha epidemia de gripe no equipo leonés

A Federación Española de Fútbol estimou as alegacións do club leonés Atlética Ponte Castro e decidiu aprazar o partido da División de Honra Xuvenil que o enfrontaba este fin de semana en León ao Deportivo A.

A curiosidade é que xa fai un par de tempadas, o equipo deportivista viu aprazado por dúas veces o seu compromiso ante a Ponte Castro en León, debido en ambas as ocasións ás condicións climatolóxicas adversas.