RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Arizmendi: Confío en poder estar listo para o derbi

Javier Arizmendi compareceu esta mañá en sala de prensa en 'O Mundo do Fútbol'. O atacante deportivista, que non puido debutar coa Selección absoluta debido a unha sobrecarga nos isquiotibiais, confía en poder xogar ante o Celta o domingo en Riazor.

Cre que o derbi está igualado, "porque eles están moi ben fóra de casa e nós moi ben en casa". Opina que o equipo vigués non acusará as baixas que sofre, "porque teñen moi bos xogadores".
A pesar de debutar a campaña pasada nun Dépor-Celta, Arizmendi sabía desde a súa etapa de futbolista no Atlético de Madrid, que "hai moita rivalidade entre os dous equipos". O seu recordo é a lesión de Manuel Pablo: "A verdade é que foi moi dura. A Giovanella víuselle despois arrepentido... É o principal recordo que teño eu dos Dépor-Celta".