RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Borges foi titular e Piette arrincou desde o banco nos partidos da pasada madrugada

  Dous xogadores do Club, Celso Borges e o fabrilista Sam Piette, tiveron partido oficial coas súas respectivas seleccións esta pasada madrugada en España.

Borges, titular con Costa Rica, igualou en Xamaica

Celso Borges regresou á selección de Costa Rica para capitaneala tras superar a súa lesión e disputar dous partidos oficiais, clasificatorios para o Mundial de Rusia 2018.
 
Esta pasada madrugada, a selección costarriqueña igualou en Xamaica (1-1). O mediocentro deportivista foi titular e xogou o noventa minutos. Seu foi un gran pase no minuto 44 que a punto estivo Ruiz de materializar en gol.
 
O martes 29, será o partido de volta, en San José, entre ambas as seleccións. Un triunfo costarriqueño suporía practicamente a clasificación final de Costa Rica para a Fase Final de acceso ao Mundial.
 
Sam Piette xogou a recta final do Canadá - México
 
O mediocentro fabrilista Sam Piette disputou con Canadá os últimos 20 minutos do choque ante México, clasificatorio para o Mundial. Piette saltou ao campo en Vancouver relevando a De Guzmán no minuto 71, xa co partido sentenciado a favor dos mexicanos (0-3).
 
O partido de volta entre ambas as seleccións xogarase o martes 29 en México D.F. O regreso á Coruña do futbolista do filial está previsto para o 31 de marzo.
 
Dobre duelo fronte a Cabo Verde da Marrocos de Fayçal
 
Fayçal Fajr xoga con Marrocos unha eliminatoria ante Cabo Verde, clasificatoria para a Copa de África 2017.
 
O partido de ida será hoxe sábado 26 de marzo en Cabo Verde e a volta, o martes 29 en Marrocos.