RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
XUVENÍS

Calendario da canteira con meritoria medalla de bronce para un Xuvenil A

O Xuvenil A pon este sábado ante o Lugo o punto e final á tempada no grupo primeiro da División de Honra. Faino nunha más que meritoria terceira posición e fóra da Copa do Rei por puntuación. O seu técnico, Jaime

Do mesmo xeito que o Xuvenil A, todos os demais equipos de categorías inferiores xogan o sábado. Xuvenil B, Cadete A, Cadete B, Infantil A e Alevín A tamén o fan en Abegondo. O resto na Coruña ou poboacións próximas: San Pedro de Nós (Benjamín A) e Vilaboa (Benjamín B).

O pasado fin de semana, a canteira do Deportivo sumou dous novos títulos, seis no que vai de tempada. Así, o Benjamín A proclamouse campión do Play Off de clasificación da liga Comarcal; e o Alevín B do grupo terceiro da Copa. Estes dous cordóns únense aos logrados anteriormente polo Infantil A (campión do grupo norte da liga Galega); Alevín A (campión da liga Comarcal); Benjamín A (campión do grupo da Coruña da liga Comarcal) e Benjamín B (campión do grupo As Mariñas-Arteixo da liga Comarcal).

Para a xornada do domingo queda o Fabril, que renderá visita ao Boiro, líder da categoría, ás 17.30 horas, en partido pertencente á xornada trixésimo cuarta en Terceira División.

Terceira División
BOIRO - FABRIL, o domingo 13 de abril ás 17.30 en Barraña
Clasificación: ... 8. Arousa e Fabril, 49 puntos; 10. Barbadás, 45 puntos...

Categoría xuvenil
XUVENIL A - LUGO, o sábado 12 de abril ás 17.00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: ... 2. Celta, 62 puntos; 3. Xuvenil A, 50 puntos; 4. Pavillón, 41 puntos...

XUVENIL B - SÁRDOMA, o sábado 12 de abril ás 18.00 en Abegondo
Clasificación da liga Nacional: ... 3. Val Miñor, 56 puntos; 4. Compostela e Xuvenil B, 51 puntos...

Categoría cadete
CADETE A - ORILLAMAR, o sábado 12 de abril ás 16.00 horas en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete A, 73 puntos; 2. Celta, 67 puntos...

CADETE B - RACING VILALBÉS, o sábado 12 de abril ás 10.00 en Abegondo
Clasificación da liga Galega: 1. Cadete B, 74 puntos; 2. Galicia de Caranza, 67 puntos...

Categoría infantil
INFANTIL A - BERTAMIRÁNS, o sábado 12 de abril ás 12.00 en Abegondo
Clasificación da liga Galega, Fase polo Título: ... 3. Vitoria, 17 puntos; 4. Infantil A, 10 puntos; 5. Pavillón, 9 puntos...

CRISTAL - INFANTIL B, o sábado 12 de abril ás 16.15 horas en Elviña (pequeno)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º:  1. Imperátor, 76 puntos; 2. Infantil B, 68 puntos...

Categoría alevín
ALEVÍN A - ORILLAMAR, o sábado 12 de abril ás 16.00 en Abegondo
Clasificación do Trofeo Luís Calvo de fútbol once: 1. Alevín A, 24 puntos; 2. Vitoria, 19 puntos (un partido menos)...

ALEVÍN B - CALVO SOTELO, o sábado 12 de abril ás 12.00 en Meicende (grande)
Clasificación do grupo terceiro de Cópaa Consolación: 1. Alevín B (xa campión), 36 puntos; 2. Meicende, 28 puntos...

Categoría benjamín
ATLÉTICO SAN PEDRO A - BENJAMÍN A, o sábado 12 de abril ás 12.15 en Vilanova, San Pedro de Nós (Oleiros)
Clasificación do Play Off final: 1. Benjamín A (xa campión), 43 puntos; 2. Vitoria A e Orillamar A, 34 puntos...

OLÍMPICO A - BENJAMÍN B, o sábado 12 de abril ás 11.00 no Complexo Deportivo de Vilaboa (Culleredo)
Clasificación do Play Off de Consolación: 1. Benjamín B, 41 puntos; 2. Ural A, 38 puntos...