RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Comunicado da Pena Ribeira de Sada

Desde a Peña Ribeira de Sada queremos comunicar o noso profundo malestar e rexeitamento a cámpaaña crítica iniciada pola Televisión de Galicia contra o xogador deportivista Filipe Luís e mostrar o noso absoluto apoio ao futboli

O pasado mércores, dentro dun acto familiar e festivo do quince aniversarios da nosa pena, cada xogador invitado pediu un desexo á vez que colocaba unha vela na torta de aniversario. Ao chegar a quenda de Filipe, este afirmou: "Que o Celta siga en Segunda", o que desatou os aplausos e risas dos presentes nunha anécdota propia dun festexo branquiazul.
Lamentamos que o único destacable para a televisión autonómica sexa esta frase, nun acto cheo de representatividade para a nosa pena e o deportivismo, no que houbo moitos momentos emotivos e unha gran representación da directiva, o corpo técnico e o persoal. No seu informativo, a TVG centrouse en reprocharlle ao brasileiro a súa "actitude", o que desatou nos últimos días unhas críticas que consideramos desproporcionadas e non compartimos.


Por outra banda, queremos lembrarlle ao medio autonómico que a rivalidade deportiva entre o Deportivo e o Celta é sobradamente coñecida, e nese contexto non debería sorprender que se expresen este tipo de desexos, que a Pena Ribeira comparte. Rogariámoslle á Televisión de Galicia que procure non confundir unha rivalidade futbolística sa co sentimento de galeguidade e de país que compartimos vigueses e coruñeses. En Sudamérica, por exemplo, ninguén se escandaliza polo feito de que un seguidor de determinado equipo desexe que ao seu rival lle vaia o peor posible. Non confundamos as cousas por favor, e non busquemos a polémica custe o que custe.

Moitas grazas

A directiva da Pena Ribeira