RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Deportivo e Barcelona pecharon hoxe a cesión de Bicho

- Foto: Susi García - O Deportivo e o Barcelona pecharon esta mañana o pase do canteirán Javier Fernández Abruñedo "Bicho", que xogará cedido cunha opción de compra as dúas próximas tempadas n

O xogador sadense, con permiso do Dépor, atópase xa en Barcelona, onde hoxe mesmo superou o recoñecemento médico.

Bicho, aínda en idade xuvenil, debutou a pasada tempada no primeiro equipo en Liga e foi habitual nas convocatorias do Dépor no primeiro tramo ligueiro.

Os técnicos branquiazuis consideran un paso adiante na súa progresión como futbolista a súa estancia no Barcelona, unha entidade que aposta por un fútbol de calidade, acorde ao talento de Bicho.