RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ALEVÍNS

Derrota do Alevín no Trofeo Conservas Calvo e triunfo do Benjamín A en o Mini Teresa Herrera

Cara e cruz para dous equipos da canteira deportivista con competición onte o meuércoles 3 de xuño.

O Alevín caeu nas Eiroas de Carballo (0-2) ante o Celta na gran final do Trofeo Conservas Calvo de fútbol once, que enfrontaba ao campión do grupo norte co campión do grupo sur.

Os deportivistas, con bastantes baixas (Antón, Nils, Noel...), encaixaron unha xusta derrota, a pesar de que nunca se deron por vencidos.

Alevín: Brais, Trilli, Álvaro, Dani, Iago, Chucas, Jairo, Buján, Padín, Enrique e Novoa. Tamén xogaron: Alex, Álvaro Núñez e Iván.

O Benjamín A, que compite o sábado en Catoira, avanza a cuartos de final do Mini Teresa Herrera

O Benjamín A avanza aos cuartos de final do Trofeo Mini Teresa Herrera ao imporse en oitavos esta tarde ao Sporting Coruñés (1-16), con goles de: Dani (3), Meki (5), Marco Baña (2), Noah (5) e Marco Castro.

Na eliminatoria previa, o Benjamín A superou ás Marabillas (18-0), con tantos de Domínguez (3), Marco Baña, Marco Castro (2), Manu (2), Joan (4), Iago, Noah e Meki (4).

Benjamín A: Isma, Manu, Marco Castro, Noah, Yago, Marco Baña, Domínguez e Joan. Tamén xogaron: Meki, Eiroa e Dani.

Este sábado 6 de xuño, o Benjamín A compite no Torneo de Catoira, con este calendario:

Semifinal
17.17: BENJAMÍN A - PRIMEIRO DO GRUPO D (AT. RIVEIRA, CROCHA, AFAVI ou AJ LÉREZ)

En caso de pasar, a final será ás 20.15; e o terceiro e cuarto posto, se hai derrota en semifinais, será ás 19.30 horas.