RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
SAN TIRSO SD

Derrota pola mínima no Monte do San Tirso SD Cadete

O San Tirso SD Cadete caeu pola mínima (0-1) no Monte ante o ED Xuventude de Oroso en partido correspondente á 3ª xornada da División de Honra.

Os 'verdes' recibiron o único tanto do partido á media hora de xogo e non puideron polo menos rescatar un punto ante un rival moi serio en defensa.

Con este resultado, o equipo que dirixe o Kata Sicardi queda na zona media da táboa con 3 puntos.

San Tirso SD Cadete: Carlos, Sergio, Antón Sánchez, Ander, Trigo, Mauro, Casuso, Nico, Gael, Borja e Samba. Tamén xogaron: Antón Roura, Pablo, Xoel, Héctor e Joaquín.

A próxima fin de semana, o San Tirso SD Cadete visita ao Pabellón Ourense CF.

Os resultados até a data do San Tirso SD Cadete son os seguintes:

San Tirso SD Cadete 1 (Gael) - CD Areosa 2
Victoria CF 0 - San Tirso SD Cadete 2 (Pablo e Gael)
San Tirso SD Cadete 0 - ED Xuventude de Oroso 1